sábado, febrero 27
ANTÓN, PEREGRINO NO CAMIÑO
Imos recorrer o Camiño Inglés da man de Antón, un rapaz de Monfero que, moi amablemente, quere compartir con nós a súa experiencia.
domingo, febrero 21
CORESMA
Estamos nun novo tempo litúrxico: a CORESMA. Son os 40 días anteriores á Semana Santa, que xa está próxima.
Para empezar, vexamos se recordades os símbolos de cada tempo:
Aquí vos deixo un pequeno video explicativo.
E outro para que coñezades os cambios do rito da imposición da cinza neste tempo de pandemia.
E, coma sempre, que sei que vos gustan, algúns crebacabezas.
martes, enero 5
XACOBEO 2021-22
- Que é o Botafumeiro?
- De que material é?
- Canto pesa?
- Onde se garda regularmente?
- Cando se utiliza?
- A Catedral posee algunha réplica deste gran incensario?
- Como se denominan aqueles que o poñen en funcionamento?
- Provocou algún accidente ao longo da historia?
2021 - ANO SANTO COMPOSTELANO
Tempo no que a Igrexa concede grazas espirituais especiais:
indulxencia plenaria.
Bo Camiño!
1) Para empezar, imos coñecer un pouquiño máis o apóstolo Santiago.
2) Agora, completade esta ficha.
3) Podedes facer estes crebacabezas.
5) Repasade o nome de lugares por onde pasa o Camiño Francés.
6) Máis crebacabezas!
7) Sabedes identificar cada lugar?
11) Aquí tedes a información sobre o Camiño que Correos editou.
12) Observa este mapa das diferentes rutas do Camiño e resolve a sopa de letras.
sábado, septiembre 12
domingo, junio 7
DENDE A CASA 12
Con esta entrada despedimos as actividades deste terceiro trimestre tan especial.
Podedes, claro está, continuar utilizando o blog sempre que queirades. A mín gustaríame que foran moitas veces (tamén durante as vacacións).
Despedímonos para este curso 2019-20.
O próximo será moitísimo mellor.
BICOS
sábado, mayo 30
DENDE A CASA 11
Chegou xuño!
Quen o diría?
E pasamos toda a Pascua na casa! Chegou a festa de Pentecoste, e con ela, o Tempo Ordinario.
Lembrades que ese día celebramos o aniversario da Igrexa?
Lembrades que ese día celebramos o aniversario da Igrexa?
1) Como estades de atentos? Que tal esa observación? Comprobádeo con este xogo de parellas. Poñédeo en pantalla completa para ver ben todas as cartas.
viernes, mayo 22
DENDE A CASA 10
Boas!
Outra semana!

Sabiades que o día da Ascensión deste ano 2020 é o domingo 24 de maio? Seguro que non; é normal non acordarse: pero se case nin sabemos en qué día vivimos...
Ímolo lembrar. Vaaamos!

Sabiades que o día da Ascensión deste ano 2020 é o domingo 24 de maio? Seguro que non; é normal non acordarse: pero se case nin sabemos en qué día vivimos...
Ímolo lembrar. Vaaamos!
1) Unha manualidade facilísima.

2) Un crebacabezas. Un so; que é máis difícil que outras veces. Pero tampouco tanto... que sabedes que mala de todo non son.
viernes, mayo 15
DENDE A CASA 9
Ola!
Aquí estamos outra vez con novas propostas para esta semana.
1. Xa que estamos no mes de maio, que tal se facemos unhas flores?
Máis fáciles non poden ser! Veña, artistas!
2. Hoxe, tres crebacabezas, que sei que vos gustan. Ben sinxelos, tamén.
3. As diferenzas; como non! Lembrade que son so para intentar velas (conseguir velas), pero non se poden marcar. Non son interactivas. Desta vez, hai 5.
4. Un video, breve, para pensar. Para PENSAR.
5. E, finalmente, unha ficha de repaso. Quen se anima?
#Euquedonacasa
sábado, mayo 9
DENDE A CASA 8
Ola, chic@s!
Que tal van indo as cousas?
Uff, xa tarda volver a unha vida "normal", verdade?
1) A buscar diferenzas. Hai 7.
2) Unha proposta "artística" moi, moi, fácil. Para quen queira intentalo.
5) E unhas preguntiñas para que poidas comprobar o que aprendiches. Pica na foto.
Igual andades preguntando por qué todo vai do Papa. Por nada especial; saiu así.
Apertas virtuais.
#Euquedonacasa
Suscribirse a:
Entradas (Atom)