jueves, abril 30

DENDE A CASA 7

Boas! Outra semana!
E chegamos ao mes de maio, o mes de María!
Aquí tedes novas actividades de repaso:

1) Unha manualidade ben fácil.

2) A busca de diferenzas. Evidentes, non? Atopáchedes as 5, verdade?

3) E un crebacabezas, como non! Pero, ollo, desta vez é un pouco máis complicado. Así que, paciencia...



4) Unhas fichiñas de relacionar sobre os diferentes nomes que lle damos a María. A ver cantas descubrides. Podedes pedir axuda na casa.
    
5) Para acabar, un pasapalabra para xogar toda a familia. Quen se anima? Hai que marcar un tempo e ser rápidos.




E veña! Moito ánimo, que xa queda menos!
Desfrutade dos vosos paseos!
#Euquedonacasa

sábado, abril 25

DENDE A CASA 6

   Ola! Que tal? Vai todo ben?


1) Como estamos na Pascua (lembrades?), para @s "manitas" propoño facer ovos.


2) Unha sopa de vocabulario, para repasar.




3) Coma sempre, uns crebacabezas, que sei que vos gustan. Sabedes quen son?
       

4) Seguides sendo observador@s? Pois a ver se vedes rapidamente as 5 diferenzas que hai entre estes dous debuxos que parecen iguais. Fácil, verdade?


    E, para acabar, reitero que tedes moitas máis actividades e fichas de traballo nas pestanas superiores.


#Euquedonacasa
Xunt@s conseguirémolo!
Bicos!!!

domingo, abril 19

DENDE A CASA 5

Ola a tod@s! Todo ben? Espero que si.
Queredes traballar un pouco? Pois, veña! Aquí vos deixo algunhas actividades para esta semana.
1) Unha manualidade sinxela:  marcapáxinas para acompañar as lecturas destes días.
2) Uns crebacabezas novos; de Pascua.


 

3) Un pasapalabra para xogar en familia.


   Coma sempre, repito que tedes fichas de traballo e outras actividades clasificadas por cursos nas pestanas superiores do blog e, á dereita, moitos enlaces.

Ánimo! Todo sairá ben!
Pronto volveremos a estar xunt@s!
#Euquedonacasa

martes, abril 14

DENDE A CASA 4

   Bo día! Aquí estamos outra vez, despois de pasar estas vacacións tan raras.
   Sen dúbida ningunha foi a Semana Santa máis atípica que vivimos nunca. Non sí?
   Ben, pois para o repaso destes días imos facer actividades sobre o que acabamos de celebrar, ainda que fose dunha forma diferente.

1) Un video:


2) Uns crebacabezas:


               

3) A busca de diferenzas:

4) Unha sopa onde buscar o nome dos apóstolos.


5) Coma sempre, lembrade que tedes fichas de traballo para todos os cursos nas pestanas superiores e moitos enlaces nos listados que aparecen á dereita.
   E non esquezades Colesamigos.

#Euquedonacasa
#Todosairáben

domingo, abril 12