Mostrando entradas con la etiqueta Biblia. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Biblia. Mostrar todas las entradas

sábado, junio 29

Coles Amigos

   Continuamos co proxecto en rede con outros colexios, destinado ao alumnado de 6º de Primaria. 
   Pertencemos a Coles Amigos:


CPI As Mirandas,  Ares
CPI Virxe da Cela, Monfero
CEIP Santiago Apóstolo , Franza
CEIP Os Casais, Maniños
CEIP Eladia Mariño, Cabanas
CEIP Unión Mugardesa, Mugardos
CEIP de Andrade, Pontedeume

No presente curso 2018-19 traballamos sobre os Relatos 
da Infancia. Fixémolo a través da arte.
  
ANDRADE
MANIÑOS


Picade no enlace para poder ver todo o traballo que, de xeito colaborativo, levamos feito nestes últimos cursos.

A ANUNCIACIÓN

No cole de Andrade os primeiros cursos de Primaria traballaron de maneira especial o relato da Anunciación durante o Advento.

sábado, febrero 4

HISTORIAS E PESONAXES DO ANTIGO TESTAMENTO

   No CEIP. Plurilingüe Os Casais, en 2º de Primaria remataron o traballo sobre algunhas das historias e personaxes do Antigo Testamento.
   Temos decorada a clase de relixión con parte dos traballos que ilustraron esta etapa do curso, que agora dará paso a outro proxecto diferente.

 

jueves, diciembre 22

ALIANZA E ÉXODO

   Tod@s foron un pouco Moisés cando estudamos a súa historia.

lunes, noviembre 7

A HISTORIA DA ARCA DE NOÉ

           Seguimos coas historias bíblicas e co traballo d@s nos@s artist@s.
                     Nesta ocasión tocoulle ao Diluvio Universal. 

domingo, octubre 2

NO PRINCIPIO...

   As nenas e os nenos de 2º de Primaria están traballando sobre a Biblia, coñecendo algunhas das súas historias e personaxes.
   Todos xuntos fixeron este pequeno mural.
   Aquí podedes ver a obra e @s artistas.
 

sábado, febrero 20

ÉXODO

Vedes que contento está Moisés coas pirámides que fixeron as nenas e nenos de 3º do cole de Andrade para lembrar que o pobo de Israel foi esclavo en Exipto?

sábado, noviembre 14

MOISÉS


jueves, noviembre 12

OS NOSOS TALENTOS

Todas as persoas temos os nosos talentos. Non debemos deixalos morrer, senón que temos que facelos medrar, polo noso ben, polo da sociedade e da humanidade enteira.
 E, xa que estamos nestas, poñemos aquí un pequeno video que fixeron varios cursos atrás unhas alumnas e alumnos e que, naquel momento, non colgamos no blogue.

domingo, mayo 24

MAReANDO




Este é o traballo que fixeron os nenos e nenas de 5º e 6º dentro do Proxecto Mar de Galilea. Unha mirada a algunhas obras de arte baseadas nos relatos bíblicos que están ubicados no lago de Genesaret ou na súa ribeira.

martes, noviembre 11

MURALIÑOS

   Aos nenos e nenas de 3º gustoulles tanto a composición que fixeron os seus compañeiros de 2º que quixeron facer unha parecida para eles. Quedáronlles ben, verdade?

domingo, noviembre 9

QUE SERÁ?

Na nosa aula temos un novo elemento. Que tema será o que estamos dando? Sabédelo? E sabedes tamén o que son estas "cousas", non?
Certo! Son as Táboas da Lei, nas que están escritos os Dez Mandamentos.
En 4º están a traballar a figura de Moisés: a esclavitude en Exipto, a Pascua, o Éxodo, a Lei, a Terra Prometida...


E a que están guap@s?

lunes, junio 7

A BIBLIA

Alá polo principio de curso o primeiro que fixemos foi traballar sobre a Biblia,
o libro mais importante para os cristiáns.