martes, diciembre 31

martes, diciembre 24

NOITEBOA

Gifs Animados Navidad (57)

BO NADAL!

miércoles, diciembre 18

BELÉN

  Temos xa rematado o noso belén. Os rapaces de 6º din que traballaron nel como nunha mina. Non é porque o esforzo fora grande, senón porque moveron pedras e máis area. Ou pensabades que non lles gustaba facelo? Gusta, gusta... E máis lles gusta o bonito que queda.


COROA DE ADVENTO

A nosa coroa ten xa tres velas encendidas. Queda pouco para Nadal.


DEREITO A UN FOGAR

  Cada mes, un dereito. Cada día, unha responsabilidade. 


      Con esta actividade perseguimos os obxectivos de achegar os nenos e nenas á realidade de outros moitos nenos, nenas e adolescentes que non disfrutan dun fogar, facerlles entender qué nos brinda un fogar (cariño, seguridade, protección...) e por qué é un dereito, así como reflexionar sobre a responsabilidade dos gobernantes de facer cumplir este dereito e fomentar actitudes de solidariedade e colaboración no noso entorno máis próximo para defendelo.

lunes, diciembre 9

ADVENTO 2013

   Un ano máis, estamos celebrando o Advento e preparando o Nadal que está un pouco máis próximo cada día que pasa.
   Neste curso a nosa decoración de Nadal está chea de corazón, chea de corazóns, dos corazóns de todos os nenos e nenas da nosa clase. Tamén daquelas outras que xa non están, porque se fixeron grandes e marcharon cara á ESO.
   Nós non as esquencemos. Elas a nós tampouco e, por iso, deixaron preparada esta fermosa árbore de Nadal para o seu querido cole.


       Sara, Cris, Ainara, Sabela, Nuria e Manuela, dende Arodamulticolor, unha gran aperta e todos os nosos bos desexos, de corazón.
     

viernes, diciembre 6

MANDELA

No día de hoxe despedimos a Nelson Mandela. A súa vida foi longa e intensa. Vaise un referente da loita polos dereitos das persoas, pola igualdade e pola paz.


jueves, noviembre 21

20-NOVEMBRO - DÍA DOS DEREITOS DA INFANCIA

   Para destacar esta data importante temos esta preciosa canción sobre os dereitos humanos e da infancia que pertence á banda sonora da película de animación "El extraordinario viaje de Lucius Dumb" e que ven de "regalarnos" a profe Maribel para que todos poidamos cantala, ou, cando menos, coñecela.

Estade moi atentos á letra.




    "Mira dentro de ti...
          ...todos somos uno... en realidad.
           Yo soy tú y tú eres yo."

lunes, noviembre 11

ONCE DO ONCE DA ONCE


A ONCE está de aniversario. Celebramos con ela todos estes anos de ilusión.
Estamos xa inscritos para participar de novo no Concurso Escolar que esta fundación organiza. Tamén nós aportamos ilusión e, ainda que non academos os éxitos do curso pasado (lembrade que fumos os gañadores provinciais e autonómicos na nosa categoría) traballaremos con moitas ganas, igual que fixemos en todas as ocasións nas que participamos.
Por outra banda damos a merecida noraboa á Fundación ONCE porque este ano recibiu o Premio Príncipe de Asturias da Concordia, pola súa importante labor a prol da dignidade, calidade de vida e integración social das persoas con discapacidade.


http://yaves.eshttp://yaves.eshttp://yaves.eshttp://yaves.eshttp://yaves.eshttp://yaves.eshttp://yaves.eshttp://yaves.eshttp://yaves.eshttp://yaves.eshttp://yaves.es

viernes, noviembre 8

NOÉ

   Noé está moi contento, porque cada vez ten máis animais para subir á súa arca.

 
Moitas grazas, Héctor, por donar todos estes animais para arodamulticolor.
Os teus compañeiros (especialmente os máis pequenos) agradecen enormemente o teu xeneroso xesto.


jueves, octubre 24

AO PRINCIPIO...

   Ao principio, Deus creou o ceo e a terra; despois, as plantas e os animais. Por último, creou o home e a muller. E bendeciunos, dicindo: "Vivide felices, comede os froitos das árbores e poboade a terra. Todo o que creei é para vós. Agora vou descansar".
   Todo é noso e para nós, pero en préstamo. Somos co-creadores. A Natureza non nos pertence máis que como responsabilidade: podemos usala, pero atendendo sempre ao interés maior de conservala. 
  
CURSO 2013-2014

domingo, junio 23



miércoles, junio 12

TEMPO ORDINARIO



Pasada a Pascua, pasado o día de Pentecoste, atopámonos de novo no Tempo Ordinario.
As casulas que prepararon os nenos e nenas de 2º son verdes. Por que será?

 

AS PARÁBOLAS

   Sabemos que as parábolas son pequenas historias que Xesús contaba para que a xente entendera máis facilmente aquelo que lles intentaba explicar.
   No caso das seguintes quería que comprenderan cómo é Deus: un Pai que ten sempre os brazos abertos para os seus fillos e un Bo Pastor que coida de todas e cada unha das súas ovellas; e quén é o próximo: todas as persoas do mundo, veñan de onde veñan, sen importar aquelo que nos distingue e diferencia.

jueves, mayo 30

29ConcursoONCE

  Foi fallado o premio nacional do Concurso da Once. Desta vez non fumos agraciados. Os gañadores son:
CATEGORÍA A: "Los Maestros" - C.E.I.P. Vicente Ferrer Ramos de Aragón
CATEGORÍA B: " The Girls" Colexio La Inmaculada de Ceuta


CATEGORÍA C: "Sueños de papel" IES Huarte de San Juan de Andalucía


CATEGORÍA D: "Los Warriors" Colegio Peñalar de la Comunidad de Madrid


CATEGORÍA E: "Aula sustitutiva" Colexio Pedro I de Castilla y León

Noraboa a todos!
Verémonos o próximo ano!



domingo, mayo 19

PENTECOSTE

   O domingo de Pentecoste celébrase o descenso do Espírito Santo e o inicio da actividade da Igrexa.
Neste día rematan as sete semanas do tempo pascual, os cincuenta días que lle dan nome e forman un todo, unha unidade festiva, de celebración e plenitude.
Ben lindas as casulas que fixeron os nenos e nenas de 2º, verdade?


viernes, mayo 17

A CADEIRA VERMELLA

   A educación favorece o progreso conxunto da socidade, promove a liberdade e a autonomía personal; é un instrumento poderoso para reducir a vulnerabilidade ante a pobreza.
   Por iso, nós apoiamos a campaña A cadeira vermella da ONG Entreculturas.

MES DE MAIO

   Como cada ano, no mes de maio, realizamos unha sinxela manualidade para dedicarlle a María, a nosa nai.

jueves, mayo 9

ODM

   Xa andando no novo milenio continuamos co desafío de conseguir maiores cotas de xustiza e igualdade para toda a humanidade. A pesares dos avances conseguidos en todas as esferas do coñecemento, a ciencia, a tecnoloxía e a cultura, miles de persoas sofren a pantasma da fame, a pobreza ou a falta da educación. Entre todos eles, as mulleres e a infancia resultan o colectivo máis afectado e vulnerable.
   Debemos seguir poñendo toda a enerxía e a vontade por conseguir uns mínimos coherentes coa dignidade do ser humano.
   Os Obxectivos do Milenio son a demostración de que o conxunto dos seres humanos podemos poñernos de acordo para fixar as metas que precisan inmediatas solucións.
   Outro mundo é posible. Todos e todas somos responsables; desde calquera lugar do mundo, por moi agochado e remoto que se atope, existe un espazo, por pequeno que sexa, para a acción, a solidariedade e a xustiza. Todas as persoas poden facer a súa aportación, por insignificante que poida parecer, para a concienciación e a construción dun mundo mellor.



   Con este traballo damos as grazas aos compañeiros e compañeiras que fixeron 6º de Primaria o curso pasado. Hoxe están xa rematando o seu primeiro curso da ESO.
    Gema, María, Nerea, Adrián, Fernando, Jose, dende Os Casais recibide unha aperta. Non vos esquecemos e grazas, de novo, por deixar feito para nós o primeiro destes carteis dos Obxectivos do Desenvolvemento do Milenio.

lunes, mayo 6

SAME-2013

   Neste curso, tal como vimos facendo nos últimos anos, participamos na Campaña Mundial pola Educación, xunto con todos os alumnos e alumnas do cole.
  O lema nesta ocasión era "Sen profes non hai escola".

  

Queredes ver qué bonitos quedaron os profesores e profesoras que fixemos? Pois mirade o video. 


MARÍA

Estamos xa no mes de maio, mes especialmente dedicado a María, nai de Xesús e de todos nós.

AMIGOS

Quen son estes amigos que temos de visita pola clase?
Alguén podería decirme os seus nomes?


domingo, mayo 5

GAÑAMOS!

Outra vez estamos de noraboa.
Somos os gañadores da fase autonómica na nosa categoría.
Parabéns para "Os catro fantásticos".
 


lunes, abril 22

SEGUIMOS COA PASCUA

   Continuamos no tempo pascual. E, así como na Coresma, os alumnos e alumnas de 2º curso de Educación Primaria, fixeron unhas casulas apropiadas para ese tempo litúrxico, agora tamén fixeron outras para a Pascua.
   Que tal quedaron?
 


domingo, abril 14

PREMIO!

 

jueves, abril 4

   Unha vez máis, temos o noso Cirio Pascual iluminando a clase.
Sabedes canto tempo vai quedar?

lunes, abril 1

PASCUA 2013

Feliz Pascua!
 

  Mirade ben o debuxo. Xa? Pois agora... decideme: cal é o símbolo que representa a Xesús resucitado? Lembrade que nos vai acompañar durante toda a Pascua.


sábado, marzo 30

POR UN MUNDO MÁIS XUSTO

   6º curso estivo a traballar no segundo trimestre que acabamos de pasar na actividade interactiva, proposta por Intermón-Oxfam, Conectandomundos. Na edición deste ano o tema foi a alimentación. Reflexionamos sobre o noso consumo alimentario, sobre a producción e o transporte dos productos, sobre as desigualdades e situacións de inxusticia que se están a dar neste ámbito, básico sen dúbida algunha, e sobre o que podemos facer nós para mudar o que non nos parece correcto.
   Foi unha actividade longa, pero de proveito. Gustou moito o traballo en rede e compartir as experiencias e reflexións con outros rapaces e rapazas de diferentes lugares. No noso grupo había portugueses e italianos!