Mostrando entradas con la etiqueta Xacobeo. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Xacobeo. Mostrar todas las entradas

martes, marzo 1

CATEDRAL

Aquí tedes aos orgullos@s artistas de 4º de Andrade coa súa obra xa rematada. Foi un traballo colaborativo que fixeron con moito interese e entusiasmo. Quedoulles moi ben. Ou non? Están traballando sobre a Igrexa e as igrexas e, que mellor que representar unha ben importante, que ademáis é nosa!

sábado, julio 5

CHEGAMOS!

Onde chegamos? A Compostela.
Fixemos un longo camiño para recuperar as estrelas que un monstro andaba a agochar polo espazo, pero conseguímolo.

miércoles, julio 2

CANTIGAS DO CAMIÑO


Os nenos e nenas do 3º Ciclo de Primaria traballaron sobre a música xacobea. Fixeron uns bonitos murais sobre algunhas das cantigas (medievais unhas, actuais outras) que acompañan aos peregrinos no seu andar por esta ruta milenaria.

 
 
E, como podedes ver, puxémonos todos ben guapos para a ocasión.

sábado, abril 19

O CAMIÑO DAS ESTRELAS

   Sabe moi ben todo o cole que hai un monstro alén do Sistema Solar que anda a roubar estrelas dunha maneira voraz. Quere quedar el con todas, pero non para comelas; tenas moi ben gardadiñas, que el o que quere é velas.
Nós imos recuperalas.


Na clase de Relixión traballamos O Camiño, axudando a Mica e Rato, e tamén ao Principiño.
Imos conseguir estrelas
para que ese monstro lambón
non se nos quede con elas.

miércoles, enero 26

DESPEDIMOS O ANO SANTO

   Neste Ano Santo 2010 foron moitos miles de peregrinos os que se achegaron a Compostela para rezar ante a tumba do Apóstolo Santiago e recibir as gracias do Xubileo.
   Ahora que está a piques de rematar, nós quixemos unirnos a eles e sentirnos tamén, dende a nosa clase, un pouco peregrinos.
   Rematamos así todo o traballo que fixemos sobre este tema no que vai de curso e nos dos últimos trimestres do anterior.

                  A ver si vos gustan tanto como a Sergio. A mín, si.



sábado, junio 12

MINI-EXPOSICIÓN

   A celebración do Ano Santo 2010 supuxo adicarlle un tempo e un espacio nas nosas clases ao tema do xubileo, as peregrinacións xacobeas e o Apóstolo.
  Non só fixemos traballo individual, senon que (como podedes ver no blogue xa fai tempo) foi o tema do noso mural "A Modiño". Pero, ademais, reservamos un recuncho da aula para facer unha pequena exposición, que procuraremos ir ampliando de maneira progresiva.  

martes, junio 8

"A MODIÑO"


"A modiño" naceu coa pretensión de se converter nunha actividade fixa a realizar en todos os cursos que quedan por vir. Trátase da realización dun gran mural feito paseniñamente, pouco a pouco, utilizando recortes quitados da prensa.
Neste curso o tema elixido (como non selo!) foi o Ano Santo.


     

XACOBEO 2010

  Este ano que está a comezar é Ano Santo Compostelano. Non vai haber outro ata que pasen once anos. É, polo tanto, un ano moi especial.
  Este acontecemento marcará de maneira significativa o noso traballo na clase de relixión durante o curso.