sábado, enero 29

800 ANOS

      Neste 2011 celebraremos o oitavo centenario da derradeira e definitiva consagración da catedral compostelá. Oito séculos! E, xa daquela, no ano 1211, levaba  mais de cen anos medrando e abraiando aos peregrinos que acó chegaban polo camiño das estrelas.

   Podedes facer unha visita virtual no enlace que aparece no listado da dereita.

miércoles, enero 26

E SEGUIMOS...

   Unha vez rematadas as vacacións, continuamos co curso. Estreamos novo ano, damos paso ao segundo trimestre do curso e seguimos traballando.

   Aí vai a primeira pregunta:
   Cando nos despedimos, antes do Nadal, andabamos pola cor morada.
   Por que cor da nosa roda andamos ahora?


Claro! Moi ben! Que listos e aplicados sodes!
(A pista era boa, verdade?)
BENVIDO 2011


ADEUS 2010

DESPEDIMOS O ANO SANTO

   Neste Ano Santo 2010 foron moitos miles de peregrinos os que se achegaron a Compostela para rezar ante a tumba do Apóstolo Santiago e recibir as gracias do Xubileo.
   Ahora que está a piques de rematar, nós quixemos unirnos a eles e sentirnos tamén, dende a nosa clase, un pouco peregrinos.
   Rematamos así todo o traballo que fixemos sobre este tema no que vai de curso e nos dos últimos trimestres do anterior.

                  A ver si vos gustan tanto como a Sergio. A mín, si.



sábado, enero 8

CHEGA O NADAL


Os nenos e nenas maiores montamos un belén.
Quedou chulo, eh?


viernes, enero 7

2010-ANO INTERNACIONAL DO ACHEGAMENTO ENTRE AS CULTURAS

Este ano que está a piques de rematar foi proclamado pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas como Ano Internacional do Achegamento das Culturas co fin de promover o diálogo, a comprensión e a cooperación entre as diferentes relixións e culturas en prol da paz.
                                                             
Todos somos diferentes. Como as nubes, que non hai dúas repetidas. Como as folerpas; mais todas son neve.
Cada un de nós é unha persoa única e irrepetible.
Somos distintos, pero todos somos iguais. Persoas. Todas suxeitos da mesma dignidade e de idénticos dereitos.
 

 Os nosos costumes son mois distintos. Nacemos e vivimos en
lugares diferentes, con culturas diferentes, con relixións diferentes,
con modos de vida diferentes, con ideoloxías diferentes... as nosas casas son diferentes...
       Pero o mundo é de todos.

Temos que facer do mundo o fogar de todos!!!
(Coa elaboración deste mural lembramos aos compañeiros que agora están na ESO. Unha aperta grande dende o voso cole dos Casais. Gracias a Uxía, Alex, Daniel, Gonzalo, David, Leticia, Rocío e Sara, que colaboraron neste traballo deixándonos pintados eses nenos e nenas do mundo que simbolizan a unión de todos baixo o espírito da paz)

ADVENTO


A nosa roda xira e xira.
Comezamos un novo ano litúrxico. Xa está aquí o Advento.
É o tempo de preparar o Nadal que se achega. Só quedan catro semanas.

Cal é agora a nosa cor?

20-N DÍA DOS DEREITOS DA INFANCIA

O 20 de Novembro é un día para celebrar que todos os nenos e nenas teñen dereitos e tamén para recordar que moitos deles están lonxe de velos cumplidos. Carecen de auga, non teñen protección contra os abusos nin acceso á saúde e á educación.
 Neste curso traballamos esta xornada con dúas actividades diferentes.
En Infantil e no Primeiro Ciclo de Primaria subimos a "O tren dos dereitos" da ONG Entreculturas.


 No Segundo e Terceiro Ciclo de Primaria xuntámonos con Pau Gasol, Pocoyó, Leo Messi, David Bisbal ... e miles e miles de nenos e nenas como nós na campaña proposta por UNICEF.






A CREACIÓN


   O noso mundo. A natureza. O medio ambiente. Formamos parte do universo e é a nosa responsabilidade coidar de todo e protexelo. Recibímolo como agasallo, desfrutámolo pero temos a obriga de respectalo e conservalo para o futuro.