martes, octubre 21

A CREACIÓN

   Os nenos de 2º de Primaria fixeron unha composición na aula para lembrar a todos a importancia da Natureza, que é un agasallo que Deus nos fai e que nós debemos coidar. Temos que mirar polos animais, polas plantas e, por encima de todo, polas persoas.


domingo, octubre 12

NOBEL DA PAZ - 2014

   O prestixioso premio Nobel da Paz foi concedido este ano a Malala e Kailash Satyarthi.
   O Comité do Nobel recoñece a estes activistas, paquistaní a primeira, indio o segundo, pola súa loita en favor da educación infantil.
   Kailash Satyarthi, con gran valentía personal, e seguindo a tradición de Gandhi, lidera protestas e manifestacións pacíficas para denunciar a explotación infantil e fomenta o desenvolvemento de convencións internacionais en favor dos dereitos dos nenos.
   Malala Yousatzay, a pesares dos seus 17 anos, leva anos loitando, en circunstancias perigosísimas, polo dereito das nenas a recibir educación. É unha mostra de que os nenos e nenas tamén poden contribuir a mellorar a súa propia situación e hai que darlles voz.
   Son unha musulmana e un hindú; a concesión conxunta do premio aposta por rexeitar os extremismos relixiosos e os enfrentamentos violentos. Aposta por aunar esforzos polo dereito á educación. 

sábado, octubre 4

CADEIRA VERMELLA

   Un ano máis sumámonos á campaña da Cadeira Vermella, iniciativa lanzada en 2012 co obxectivo de chamar a atención simbolicamente sobre a alarmante cifra de nenos e nenas que non van á escola.
   Neste curso centrarémonos no aspecto da inclusión, remarcando que tódolos nenos e nenas teñen o dereito de asistir á escola a pesares dos seus diferentes lugares de residencia, capacidade económica das familias, xénero, idioma, orixe étnica ou diversidade nas súas capacidades.