sábado, febrero 19

CONCURSO ONCE

 A ONCE celebra a 27 edición do Concurso poñendo en marcha o Programa de sensibilización educativa "Unha viaxe para tod@s" que fomenta o respecto pola diversidade do ser humano e a non discriminación das persoas con discapacidade.
As nenas e os nenos de 3º de Primaria estamos a participar este ano neste concurso tan especial.


Os nosos artistas fixeron este mural para deixar no cole e os debuxos correspondentes para participar no concurso; estes últimos, na clase de Plástica.
Gracias, Charo, pola túa colaboración.


12 - FEBREIRO

Recrutar nenos e nenas soldado é unha práctica habitual en moitos conflitos en todo o mundo. Son secuestrados na rúa, sacados das aulas ou campos de refuxiados. Algúns únense de forma "voluntaria" aos grupos armados ante a desintegración das familias por mor da guerra e a pobreza.

                                                    Róubanlles o corazón, a alma, a vida.
       







     NON Á UTILIZACIÓN DE NENOS E NENAS SOLDADO.

jueves, febrero 3

A PAZ QUE SAE DO CORAZÓN

   Que preciosa xornada tivemos este ano para celebrar
o Día da Paz!
   Os vosos poemas e cancións, a participación das familias, os diferentes murais feitos nas clases e eses bonecos que representan a cada un cun corazón cheo de paz para ofrecer ao mundo... foron un maravilloso xesto de mostrar que a paz depende de todos e cada un de nós.
   A paz ten que sair do corazón. Se ninguén tivese odio, nin violencia, intolerancia ou calqueira outro xeito de maldade... se ninguén se pensara superior ou con mais dereitos que os seus semellantes... se fósemos todos capaces de sentirnos irmáns de verdade... entón, como nos recordaron as nais no Salón de Actos, os nenos de colores (de pequenos e de grandes) teríamos acadada a paz perfecta, a paz que aniña no corazón.