domingo, enero 31

OS NOSOS TALENTOS

Unha vez enviados os nosos traballos para participar no concurso, en Andrade fixemos un mural cos compañeiros e compañeiras de Valores. 

sábado, enero 23

DÍA DA PAZ

Dentro de nada celebraremos a DENIP. Así que fixemos, entre todos, un fermoso mural para decorar a entrada do cole.

32 Concurso ONCE

Xa temos enviados os nosos traballos para participar na presente edición do Concurso Escolar da ONCE. Este ano céntrase no talento personal.
Queredes ver os nosos maravillosos carteis?

A FELICIDADE
En Andrade quixemos destacar que todas as personas temos dereito a buscar a nosa propia felicidade. Iso só pode ser conseguido se tod@s podemos desenvolver os nosos talentos, sen trabas nin discriminacións. A sociedade debe poñer todos os medios para que o noso mundo sexa inclusivo.

SUMANDO TALENTOS
O cartel que presentamos as nenas e nenos de 5º de Os Casais une mans e corazón porque sumar e incluir é o reto. Ese reto está no noso corazón, máis tamén nas nosas mans. Somos as persoas as que temos que esforarnos para que o mundo sexa un pouco mellor cada día; mellor para tod@s.

A PAZ
En 6º escollimos a Paz como lema, porque non pode habela se hai inxustiza e discriminación. 


CONECTANDOMUNDOS

   Un ano máis participamos na actividade online de OXFAM-Irtermón Conectandomundos.
Neste curso, por primeira vez, temos dous equipos. 11 e 11. Seguro que o farán igual de ben!