viernes, diciembre 23

NADAL 2016

 O noso belén quedou ben bonito. Coma sempre! E que non hai como o traballo cooperativo!
 E a nosa composición navideña, que sempre facemos todos os cursos en común, tamén. Non?

Estas son algunhas das nosas manualidades.
Estas son as tarxetas que fixeron en Infantil.
 
E además, como en anos anteriores, sumámonos á proposta de Entreculturas para lembrar que tamén no Nadal, ou máis especialmente no Nadal, temos que mirar máis aló de nós mesmos e ver a realidade do mundo.

jueves, diciembre 22

ALIANZA E ÉXODO

   Tod@s foron un pouco Moisés cando estudamos a súa historia.

martes, diciembre 20

ABRAHAM, PAI DOS CRENTES

En 2º de Primaria fixeron unhas postais de Abraham. Puxéronlle estrelas, para lembrar a promesa de Deus.

domingo, noviembre 27

CONSTRUIR O REINO DE DEUS

   O alumnado de 4º de Primaria de Andrade fixo un bonito mural cooperativo con aqueles valores cos que, entre tod@s, poderemos construir o Reino de Deus.
 

lunes, noviembre 7

A HISTORIA DA ARCA DE NOÉ

           Seguimos coas historias bíblicas e co traballo d@s nos@s artist@s.
                     Nesta ocasión tocoulle ao Diluvio Universal. 

domingo, octubre 2

NO PRINCIPIO...

   As nenas e os nenos de 2º de Primaria están traballando sobre a Biblia, coñecendo algunhas das súas historias e personaxes.
   Todos xuntos fixeron este pequeno mural.
   Aquí podedes ver a obra e @s artistas.
 


martes, junio 14

PROXECTO IGREXAS

   Os nenos e as nenas de 5º e 6º realizaron este pequeno video sobre as súas igrexas, como remate do Proxecto Igrexa que, no presente curso 2015-16, desenvolvimos na clase de Relixión en todos os niveis educativos. 

jueves, mayo 26

PROXECTO ARCA

   Os nenos e nenas de 2º de Primaria remataron a Arca de Noé que estaban a construir para os máis pequenos.
   Todos quedaron moi contentos. 
   Que bonito é compartir! 

martes, mayo 3

MARÍA

Un ano máis, chegamos ao mes de maio, e, unha vez máis, lembramos de maneira especial a María, a nai de Xesús.
 

SAME 2016

A semana pasada fixemos un fermoso acto para reivindicar o dereito á educación, sumándonos á SAME deste ano.
 

lunes, abril 18

POBRES NEN@S

As nenas e os nenos de 4º de Primaria do CEIP. Plurilingüe de Andrade realizaron esta pequena obra de monicreques como proxecto final da actividade Conectandomundos.

martes, marzo 15

PRESENTACIÓN DO COLE DE ANDRADE

Os nenos e nenas de 6º do cole de Andrade, fixemos unha presentación de kizoa para presentarvos o noso cole, o C.E.I.P. Plurilingüe de Andrade. Esperamos que vos guste o noso cole!


miércoles, marzo 9

CONECTANDOMUNDOS

A ver que vos parece o conto que fixeron "@s gatiñ@s de Mica" para o Conectandomundos deste curso.
 

MAIL ART

Xa recibiron no CPI. Conde de Fenosa de Ares os nosos traballos para o Certame de Mail Art "Hai un artista en ti", que este ano está adicado á reivindicación das ensinanzas artísticas.

miércoles, marzo 2

SEMANA SANTA

Neste tempo de Coresma estámonos preparando para recordar a derradeira semana da vida de Xesús.
En Andrade as nenas e os nenos de 2º vestíronse de capuchóns.
  

martes, marzo 1

CATEDRAL

Aquí tedes aos orgullos@s artistas de 4º de Andrade coa súa obra xa rematada. Foi un traballo colaborativo que fixeron con moito interese e entusiasmo. Quedoulles moi ben. Ou non? Están traballando sobre a Igrexa e as igrexas e, que mellor que representar unha ben importante, que ademáis é nosa!

sábado, febrero 20

ÉXODO

Vedes que contento está Moisés coas pirámides que fixeron as nenas e nenos de 3º do cole de Andrade para lembrar que o pobo de Israel foi esclavo en Exipto?

domingo, enero 31

OS NOSOS TALENTOS

Unha vez enviados os nosos traballos para participar no concurso, en Andrade fixemos un mural cos compañeiros e compañeiras de Valores. 

sábado, enero 23

DÍA DA PAZ

Dentro de nada celebraremos a DENIP. Así que fixemos, entre todos, un fermoso mural para decorar a entrada do cole.

32 Concurso ONCE

Xa temos enviados os nosos traballos para participar na presente edición do Concurso Escolar da ONCE. Este ano céntrase no talento personal.
Queredes ver os nosos maravillosos carteis?

A FELICIDADE
En Andrade quixemos destacar que todas as personas temos dereito a buscar a nosa propia felicidade. Iso só pode ser conseguido se tod@s podemos desenvolver os nosos talentos, sen trabas nin discriminacións. A sociedade debe poñer todos os medios para que o noso mundo sexa inclusivo.

SUMANDO TALENTOS
O cartel que presentamos as nenas e nenos de 5º de Os Casais une mans e corazón porque sumar e incluir é o reto. Ese reto está no noso corazón, máis tamén nas nosas mans. Somos as persoas as que temos que esforarnos para que o mundo sexa un pouco mellor cada día; mellor para tod@s.

A PAZ
En 6º escollimos a Paz como lema, porque non pode habela se hai inxustiza e discriminación. 


CONECTANDOMUNDOS

   Un ano máis participamos na actividade online de OXFAM-Irtermón Conectandomundos.
Neste curso, por primeira vez, temos dous equipos. 11 e 11. Seguro que o farán igual de ben!