lunes, junio 15

AMODIÑO

   


   O "Amodiño" deste curso, ese gran mural que todos os anos confeccionamos traballando coa prensa, quedounos a medio facer. O seu tema eran os Obxectivos do Desenvolvemento do Milenio, xa que este ano, 2015, era a data que a ONU tiña marcada como remate para a súa consecución.
   Sobre os ODM fixemos tamén outras cousas. Un video:


   Muraliños que mandamos ao II Certame de MailArt do CPI Conde de Fenosa de Ares:



     Así que, co "Amodiño" continuaremos o curso que ven, traballando cos Obxectivos do Desenvolvemento Sostible que a ONU está neste momento a preparar.