jueves, febrero 3

A PAZ QUE SAE DO CORAZÓN

   Que preciosa xornada tivemos este ano para celebrar
o Día da Paz!
   Os vosos poemas e cancións, a participación das familias, os diferentes murais feitos nas clases e eses bonecos que representan a cada un cun corazón cheo de paz para ofrecer ao mundo... foron un maravilloso xesto de mostrar que a paz depende de todos e cada un de nós.
   A paz ten que sair do corazón. Se ninguén tivese odio, nin violencia, intolerancia ou calqueira outro xeito de maldade... se ninguén se pensara superior ou con mais dereitos que os seus semellantes... se fósemos todos capaces de sentirnos irmáns de verdade... entón, como nos recordaron as nais no Salón de Actos, os nenos de colores (de pequenos e de grandes) teríamos acadada a paz perfecta, a paz que aniña no corazón.  

sábado, enero 29

800 ANOS

      Neste 2011 celebraremos o oitavo centenario da derradeira e definitiva consagración da catedral compostelá. Oito séculos! E, xa daquela, no ano 1211, levaba  mais de cen anos medrando e abraiando aos peregrinos que acó chegaban polo camiño das estrelas.

   Podedes facer unha visita virtual no enlace que aparece no listado da dereita.

miércoles, enero 26

E SEGUIMOS...

   Unha vez rematadas as vacacións, continuamos co curso. Estreamos novo ano, damos paso ao segundo trimestre do curso e seguimos traballando.

   Aí vai a primeira pregunta:
   Cando nos despedimos, antes do Nadal, andabamos pola cor morada.
   Por que cor da nosa roda andamos ahora?


Claro! Moi ben! Que listos e aplicados sodes!
(A pista era boa, verdade?)
BENVIDO 2011


ADEUS 2010

DESPEDIMOS O ANO SANTO

   Neste Ano Santo 2010 foron moitos miles de peregrinos os que se achegaron a Compostela para rezar ante a tumba do Apóstolo Santiago e recibir as gracias do Xubileo.
   Ahora que está a piques de rematar, nós quixemos unirnos a eles e sentirnos tamén, dende a nosa clase, un pouco peregrinos.
   Rematamos así todo o traballo que fixemos sobre este tema no que vai de curso e nos dos últimos trimestres do anterior.

                  A ver si vos gustan tanto como a Sergio. A mín, si.



sábado, enero 8

CHEGA O NADAL


Os nenos e nenas maiores montamos un belén.
Quedou chulo, eh?


viernes, enero 7

2010-ANO INTERNACIONAL DO ACHEGAMENTO ENTRE AS CULTURAS

Este ano que está a piques de rematar foi proclamado pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas como Ano Internacional do Achegamento das Culturas co fin de promover o diálogo, a comprensión e a cooperación entre as diferentes relixións e culturas en prol da paz.
                                                             
Todos somos diferentes. Como as nubes, que non hai dúas repetidas. Como as folerpas; mais todas son neve.
Cada un de nós é unha persoa única e irrepetible.
Somos distintos, pero todos somos iguais. Persoas. Todas suxeitos da mesma dignidade e de idénticos dereitos.
 

 Os nosos costumes son mois distintos. Nacemos e vivimos en
lugares diferentes, con culturas diferentes, con relixións diferentes,
con modos de vida diferentes, con ideoloxías diferentes... as nosas casas son diferentes...
       Pero o mundo é de todos.

Temos que facer do mundo o fogar de todos!!!
(Coa elaboración deste mural lembramos aos compañeiros que agora están na ESO. Unha aperta grande dende o voso cole dos Casais. Gracias a Uxía, Alex, Daniel, Gonzalo, David, Leticia, Rocío e Sara, que colaboraron neste traballo deixándonos pintados eses nenos e nenas do mundo que simbolizan a unión de todos baixo o espírito da paz)

ADVENTO


A nosa roda xira e xira.
Comezamos un novo ano litúrxico. Xa está aquí o Advento.
É o tempo de preparar o Nadal que se achega. Só quedan catro semanas.

Cal é agora a nosa cor?

20-N DÍA DOS DEREITOS DA INFANCIA

O 20 de Novembro é un día para celebrar que todos os nenos e nenas teñen dereitos e tamén para recordar que moitos deles están lonxe de velos cumplidos. Carecen de auga, non teñen protección contra os abusos nin acceso á saúde e á educación.
 Neste curso traballamos esta xornada con dúas actividades diferentes.
En Infantil e no Primeiro Ciclo de Primaria subimos a "O tren dos dereitos" da ONG Entreculturas.


 No Segundo e Terceiro Ciclo de Primaria xuntámonos con Pau Gasol, Pocoyó, Leo Messi, David Bisbal ... e miles e miles de nenos e nenas como nós na campaña proposta por UNICEF.






A CREACIÓN


   O noso mundo. A natureza. O medio ambiente. Formamos parte do universo e é a nosa responsabilidade coidar de todo e protexelo. Recibímolo como agasallo, desfrutámolo pero temos a obriga de respectalo e conservalo para o futuro.