domingo, octubre 3

MANOS UNIDAS


Os alumnos do terceiro ciclo de Primaria elaboraron uns preciosos carteis para celebrar a concesión do Premio Príncipe de Asturias a esta ONGD católica.



MANOS UNIDAS

Busca a información na súa web oficial e responde:

  

        1.Que é Manos Unidas?
    Un grupo de música pop Unha ONGD Unha marca de roupa 
    2.Canto tempo hai que se fundou?
    10 anos 80 anos 50 anos
        3.Cales son as súas dúas líneas fundamentais de acción?
    Sensibilización e proxectos de desenvolvemento Sensibilización e xornadas audiovisuais Sensibilización e investigación 
        4.Cal é o lema da Campaña contra a Fame 2010?
    Acabemos coa fame Contra a fame, defende a Terra A Terra é de todos 
        5.Que premio lle concederon este ano a Manos Unidas?
    Nobel da Acción Solidaria Óscar do Desenvolvemento Príncipe de Asturias da Concordia
        6.Por que?
    Polo seu traballo pola xustiza e contra a fame Porque é unha organización moi famosa Por ser a única ONG que hai en España 
         7.A que vai dedicar Manos Unidas o importe deste premio?
    A facer a campaña do ano que ven A proxectos en Haití A darse a coñecer no extranxeiro 
         8.Cal é o primeiro dos Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio?
    Erradicar a fame e a pobreza extrema Acabar coa comida rápida Conseguir que desaparezan todas as enfermedades 
         9.En que ano deberían estar acadados estes obxectivos?
    Aproximadamente no ano 3000 Antes do ano 2000 No ano 2015 
         10.Traballa Manos Unidas os ODM?
    Si, vai para oitenta anos. Si, dende o ano 2007 Non, o seu obxectivo é moi diferente dos ODM

Soubéchelas? Se non foi así, volve intentalo.

sábado, septiembre 25

Textos Animados en MuchoGrafico.comTextos Animados en MuchoGrafico.comTextos Animados en MuchoGrafico.comTextos Animados en MuchoGrafico.comTextos Animados en MuchoGrafico.comTextos Animados en MuchoGrafico.comTextos Animados en MuchoGrafico.com
                    Manos Unidas, Premio Príncipe de Asturias da Concordia 2010               
                                          

martes, septiembre 21


Ola. Benvidos todos, benvidas todas. Remataron as vacacións e de novo estamos xuntos.
Comezamos o curso 2010-2011.
Alégrome de estar con vos outra vez.
E, veña! Imos traballar!

martes, septiembre 14

jueves, junio 24

domingo, junio 20

OBXECTIVOS DE DESENVOLVIMENTO DO MILENIO



O curso está a piques de rematar e non queda tempo para traballar sobre este tema. Deixámolo para mais adiante. Ainda así, contamos cunha exposición mural que foi amablemente cedida en préstamo polo CPI "Virxe da Cela" de Monfero (centro galardoado co I Premio Nacional de Educación para el Desarrollo "Vicente Ferrer").
  

domingo, junio 13

PENTECOSTE


O día 23 de maio temos a Igrexa de cumpleanos.


Rematou a Pascua.
Agora, a nosa cor é verde.


sábado, junio 12

MES DE MAIO, MES DE MARÍA


 MAIO, MES DAS FLORES.
  MARÍA,
 A FLOR MAIS FERMOSA.

  A Virxe María, nai de Xesús e de todos os cristiáns, é venerada de maneira especial na Igrexa durante o mes de maio.


MINI-EXPOSICIÓN

   A celebración do Ano Santo 2010 supuxo adicarlle un tempo e un espacio nas nosas clases ao tema do xubileo, as peregrinacións xacobeas e o Apóstolo.
  Non só fixemos traballo individual, senon que (como podedes ver no blogue xa fai tempo) foi o tema do noso mural "A Modiño". Pero, ademais, reservamos un recuncho da aula para facer unha pequena exposición, que procuraremos ir ampliando de maneira progresiva.  

miércoles, junio 9

SEMANA DE ACCIÓN MUNDIAL POLA EDUCACIÓN

       Dende 2001, durante a última semana de abril, a Campaña Mundial pola Educación organiza a SAME, na que se pretende chamar a atención dos representantes políticos, membros da comunidade educativa, medios de comunicación e sociedade en xeral, sobre a necesidade de facer real e efectivo o dereito a unha educación básica de calidade para Todos e Todas.
    Este ano a Campaña ten como lema Un GOL pola Educación. Aquí está o video promocional español:


E aquí o video do noso cole: