Este curso Micabigotes e o rato propuxéronos traballar sobre o mar. Así que, apuntámonos. E, claro, se hai un mar importante na vida de Xesús ese é, sen dúbida algunha, o lago Tiberíades.
Mentras teñamos que falar do "cuarto mundo", das nenas e dos nenos que non teñen a oportunidade de ir á escola, das persoas que morren de fame, daquelas ás que se lles negan os medicamentos que as poden curar, das mulleres maltratadas, das abismais desigualdades sociais, dos conflitos armados, da esclavitude... non haberá PAZ.
Por iso é tan importante celebrar esta xornada nos centros educativos.
Lipdub gravado pola comunidade educativa do IES de Mugardos co gallo do
25 de novembro, Día Internacional para a eliminación da violencia contra
as mulleres. Coordinado pola profesora Dina Asensio. A produción
contou coa axuda do Concello de Mugardos a partir dunha acción
cofinanciada polo Fondo Social Europeo e mais a Secretaría Xeral da
Igualdade da Xunta de Galicia.
Un ano máis chegamos a este día no que lembramos a Convención sobre os Dereitos da Infancia. Van alá vintecinco dende a súa proclamación e, ainda que foron moitos os países que aceptaron este compromiso, a realidade é outra ben distinta. Continúa a haber millóns de nenos e nenas vivindo situacións terribles.
Sabémolo todos, por iso é imprescindible facer que os nosos alumnos e alumnas se fagan conscientes desta problemática e aprendan a reclamar para sí e para os outros todo aquelo ao que teñen dereito.
Aos nenos e nenas de 3º gustoulles tanto a composición que fixeron os seus compañeiros de 2º que quixeron facer unha parecida para eles. Quedáronlles ben, verdade?