domingo, septiembre 10



domingo, abril 16

PERSONAXES BÍBLICOS

Temos xa preparada unha actividade de repaso para o terceiro trimestre.
Quen se atreve?

domingo, marzo 26

RAP CONECTANDOMUNDOS

   En Andrade foron as alumnas e alumnos de 5º de Primaria os que participaron na presente edición de Conectandomundos.
   Como traballo final animáronse cun rap. Queredes velo?
   Seguro que a todos os compañeiros do seu grupo encántalles, e da igual que sexan cataláns, italiáns ou portuxeses. E a vós?
    Se é que son fantástic@s!!! 

PREMIO DA ONCE PARA OS CASAIS

Estamos moi contentos porque, por terceira vez, o traballo presentado polo noso cole foi elixido como o gañador provincial do Concurso Escolar ONCE.

 Nesta ocasión participamos con un único traballo, realizado por todo o alumnado de 5º e 6º.

sábado, febrero 4

A PAZ EN ANDRADE

   O alumnado de relixión de 2º, 3º e 4º de Primaria do CEIP. Plurilingüe de Andrade elaborou uns murais cooperativos para conmemorar o Día Escolar pola Non-violencia e a Paz.
   As letras que fixeron en 2º pasaron a formar parte do gran mural do cole. Por iso posan tan contentos xunto a Pau e Zeltia, os seus compañeros de valores, que tamén colaboraron. 
 

HISTORIAS E PESONAXES DO ANTIGO TESTAMENTO

   No CEIP. Plurilingüe Os Casais, en 2º de Primaria remataron o traballo sobre algunhas das historias e personaxes do Antigo Testamento.
   Temos decorada a clase de relixión con parte dos traballos que ilustraron esta etapa do curso, que agora dará paso a outro proxecto diferente.

 

miércoles, enero 25

33 CONCURSO ESCOLAR ONCE

   Este ano o tema que traballamos no concurso da ONCE foi o Bullying, o acoso escolar. Rexeitamos profundamente este tipo de condutas, desgraciadamente cada vez máis frecuentes. Non as queremos no noso cole. De nós depende que así sexa.
   Estes foron os carteis presentados a concurso.




sábado, enero 14

MOISÉS

   Que vos parece o mural de 2º de Primaria sobre a figura de Moisés?

lunes, enero 9

REIS MAGOS

Os Sabios de Oriente son tan xenerosos que pasan sempre polo noso cole, a pesares de saberen que nós estamos de vacacións.
Este Nadal deixáronnos árbores. Árbores para xogar e árbores para traballar.
Saberán algo que nós non sabemos?