Mostrando entradas con la etiqueta SAME. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta SAME. Mostrar todas las entradas

sábado, junio 29

SAME

Participamos na Semana de Acción Mundial pola Educación.
Este ano estivo enfocada no cambio climático e na importancia de coidar o medio ambiente.
A Creación é un regalo; pero non é nosa. Non podemos destruila.


A que quedou chulo o noso mural?

En Andrade tamén fixemos; non vaiades pensar que non.



A cadeira vermella

Continuamos tamén coas nosas cadeiras vermellas.


En Andrade os nenos e nenas de 4º diseñaron pegatinas que repartiron por todo o cole.


Nos Casais participa en cantas actividades facemos relacionadas co dereito á educación.


sábado, mayo 26

Semana de Acción Mundial pola Educación

Non pensaderes que o video reivindicativo para a SAME 2018 o fixeron so en Andrade, non?
Claro está que no CEIP. Plurilingüe Os Casais de Maniños apoiamos esta importante Campaña na defensa do dereito á Educación.


martes, mayo 3

SAME 2016

A semana pasada fixemos un fermoso acto para reivindicar o dereito á educación, sumándonos á SAME deste ano.
 

lunes, mayo 6

SAME-2013

   Neste curso, tal como vimos facendo nos últimos anos, participamos na Campaña Mundial pola Educación, xunto con todos os alumnos e alumnas do cole.
  O lema nesta ocasión era "Sen profes non hai escola".

  

Queredes ver qué bonitos quedaron os profesores e profesoras que fixemos? Pois mirade o video. 


viernes, abril 15

SAME 2011

No ano no que o Día Internacional da Muller conmemora o seu 100 aniversario, a Campaña Mundial pola Educación ten como tema central a educación das mulleres e das nenas.
O acceso a unha educación de calidade para homes e mulleres debería estar garantido. Non obstante, a realidade mundial mostra que as mulleres seguen sendo discriminadas no exercicio do
DEREITO Á EDUCACIÓN.
 
A Grande Historia é a acción que propón a SAME neste 2011 para que entre toda a sociedade, alumnos e alumnas, docentes, clase política e outros axentes, nos mobilicemos e reflexionemos sobre esta inxusta situación.
(Podedes ver os traballos realizados no enlace da páxina da CME que aparece no listado da dereita)
E aquí vos deixo dúas fotos dos murais que fixemos no cole cos traballos que realizaron os rapaces e rapazas de 5º e 6º.


miércoles, junio 9

SEMANA DE ACCIÓN MUNDIAL POLA EDUCACIÓN

       Dende 2001, durante a última semana de abril, a Campaña Mundial pola Educación organiza a SAME, na que se pretende chamar a atención dos representantes políticos, membros da comunidade educativa, medios de comunicación e sociedade en xeral, sobre a necesidade de facer real e efectivo o dereito a unha educación básica de calidade para Todos e Todas.
    Este ano a Campaña ten como lema Un GOL pola Educación. Aquí está o video promocional español:


E aquí o video do noso cole: