sábado, marzo 28

DENDE A CASA 3

Bo día! Que tal o imos levando?
Aquí tedes novas propostas para facer na casa, se queredes e podedes.

1) Unha manualidade sinxela:

 Estes corazonciños poderían ser un agasallo para os compañeiros e compañeiras de clase.
(Algúns quedaron sen o seu Gústame...)


2) Un par de crebacabezas:

        

3) E agora, a investigar un pouco:

      
      
4) Estamos na Coresma, así que, buscade as 5 diferencias destes carteis:
5) Lembrade que se alguén quere repasar facendo fichas, atoparédelas nas pestanas que aparecen na parte superior do blog. Tamén contades, recordade, con Colesamigos .
#Euquedonacasa
#Venceremosovirus

lunes, marzo 23

DENDE A CASA 2

Boas! Aquí van algunhas propostas de actividades.
Lembrade que son para repasar. E son opcionais.Non tedes que entregar ningunha ficha cuberta nin material elaborado ningún. So hai que desfrutar e aprender!

1. Que tal se facemos a Lanitas para estar na casa con nós durante estes días?
2. Aquí tedes un par de crebacabezas para non ter que andares buscando nos de cada curso.
           

3. Buscade as diferenzas. Hai 6. Védelas?
 

4. Agora pensade neses tres personaxes bíblicos. Podedes volver a ler as súas historias, ver un video, facer un debuxo deles...

5. Xogade un pouco en Colesamigos

Chao!
            
#Quedamosnacasa
#Xuntossomosmaisfortes 

sábado, marzo 21

DENDE A CASA. 1

   Ola a todos! Ola a todas! Grandes, pequenas e pequenos, benvid@s a esta nova aventura que imos compartir.
   Sabedes ben que no blog hay fichas de traballo de todos os niveis nas pestanas que aparecen na parte superior. Aí atoparedes tamén actividades interactivas, videos, crebacabezas, sopas de letras, encrucillados...
    Na marxe dereita temos enlazadas moitas outras. 
    Podedes repasar con aquelas que son as vosas favoritas (O xogo das estrelas, por exemplo) ou con calquera outras, incluso explorar e descubrir algunhas das que nin abrimos neste curso.
   E non olvidedes Colesamigos. Lembrade que aí están os traballos que fumos elaborando cos outros coles da contorna.
   Ainda así, irei colocando na páxina principal propostas de actividades para ir realizando no día a día.
#Euquedonacasa
#Xuntosvenceremos