Non esquezades que somos unha parte importantísima do Proxecto Somos quen. Un proxecto de premio (Premio Proxecta 2017-18). Entre outras cousas, somos nós os que levamos o blog, ou non?
Mostrando entradas con la etiqueta Dereitos da Infancia. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Dereitos da Infancia. Mostrar todas las entradas
sábado, junio 29
SAME
Participamos na Semana de Acción Mundial pola Educación.
Este ano estivo enfocada no cambio climático e na importancia de coidar o medio ambiente.
A Creación é un regalo; pero non é nosa. Non podemos destruila.
A que quedou chulo o noso mural?
En Andrade tamén fixemos; non vaiades pensar que non.
Etiquetas:
Cadeira Vermella,
Dereitos da Infancia,
manualidades,
murais,
ODS,
SAME
20-N
Nunca, nunca, nos olvidamos de ter unha actividade especial neste día.
A mensaxe evanxélica ensínanos que todos e todas somos irmáns; temos que pensar no benestar de todos.
A cadeira vermella
Continuamos tamén coas nosas cadeiras vermellas.
En Andrade os nenos e nenas de 4º diseñaron pegatinas que repartiron por todo o cole.
Nos Casais participa en cantas actividades facemos relacionadas co dereito á educación.
Etiquetas:
Cadeira Vermella,
Dereitos da Infancia,
DSI,
ONG,
SAME
DÍA INTERNACIONAL DA EDUCACIÓN
A educación é un dereito, un ben público e unha responsabilidade colectiva.
A Asemblea Xeral das Nacións Unidas proclamou o 24 de xaneiro como Día Internacional da Educación, para reivindicar o papel que a educación desempeña na paz e no desenvolvemnto.
Sen unha educación de calidade, inclusiva e mais equitativa para todos, que dea oportunidades de aprendizaxe durante toda a vida, os países non conseguirán alcanzar a igualdade de xénero nin rachar o círculo da probreza que reixa rezagados a millóns de nenos, xoves e adultos.
Por iso, non quixemos deixar pasar a celebración do día en que se celebrou por vez primeira.
Miniverso
De novo viaxamos á Cidade Planeta, a capital do Miniverso.
Esta campaña educativa da ONG Entreculturas leva anos aprendéndonos moitísimas cousas sobre interculturalidade, igualdade e participación cidadá.
Pretendemos desenvolver nos nosos nenos e nenas o sentimento de pertenza á familia humana e ao mundo como comunidade global, favorenco así que asenten as bases para exercer unha cidadanía comprometida coa solidariedade e a xustiza.
A plataforma fallou en varias ocasións; está bastante obsoleta. Non importa, nós continuamos viaxando polo espazo; sempre con Felpa, por suposto.
Etiquetas:
Dereitos da Infancia,
Interculturalidade,
ONG,
Paz
sábado, mayo 26
Semana de Acción Mundial pola Educación
Non pensaderes que o video reivindicativo para a SAME 2018 o fixeron so en Andrade, non?
Claro está que no CEIP. Plurilingüe Os Casais de Maniños apoiamos esta importante Campaña na defensa do dereito á Educación.
jueves, noviembre 20
20-NOVEMBRO
Un ano máis chegamos a este día no que lembramos a Convención sobre os Dereitos da Infancia. Van alá vintecinco dende a súa proclamación e, ainda que foron moitos os países que aceptaron este compromiso, a realidade é outra ben distinta. Continúa a haber millóns de nenos e nenas vivindo situacións terribles.
Sabémolo todos, por iso é imprescindible facer que os nosos alumnos e alumnas se fagan conscientes desta problemática e aprendan a reclamar para sí e para os outros todo aquelo ao que teñen dereito.
domingo, octubre 12
NOBEL DA PAZ - 2014
O prestixioso premio Nobel da Paz foi concedido este ano a Malala e Kailash Satyarthi.
O Comité do Nobel recoñece a estes activistas, paquistaní a primeira, indio o segundo, pola súa loita en favor da educación infantil.
Kailash Satyarthi, con gran valentía personal, e seguindo a tradición de Gandhi, lidera protestas e manifestacións pacíficas para denunciar a explotación infantil e fomenta o desenvolvemento de convencións internacionais en favor dos dereitos dos nenos.
Malala Yousatzay, a pesares dos seus 17 anos, leva anos loitando, en circunstancias perigosísimas, polo dereito das nenas a recibir educación. É unha mostra de que os nenos e nenas tamén poden contribuir a mellorar a súa propia situación e hai que darlles voz.
Son unha musulmana e un hindú; a concesión conxunta do premio aposta por rexeitar os extremismos relixiosos e os enfrentamentos violentos. Aposta por aunar esforzos polo dereito á educación.
viernes, enero 24
ACTIVIDADE NA REDE
Esta semana iniciamos a nosa participación en Conectandomundos, a proposta educativa de OXFAM-Intermón que vimos realizando nos últimos anos.
Nesta ocasión o facemos en colaboración coa profe Diana e os seus alumnos. Estamos moi contentos por iso.
Os
obxectivos que nos propomos abordar nesta edición de Conectandomundos son:
- Recoñecer
a inxustiza e as desigualdades que existen no mundo a nivel alimentario fomentando a reflexión,
concienciación e a indignación perante a carencia dun dereito básico: a
alimentación.
- Analizar
a orixe desta inxustiza, para entender as principais causas que provocan a
fame e as desigualdades alimentarias no mundo.
- Reflexionar
en torno de alternativas e posíbeis solucións perante a inxustiza
alimentaria para
fomentar actitudes e accións transformadoras que contribúan para paliar
esta situación.
miércoles, diciembre 18
DEREITO A UN FOGAR
Cada mes, un dereito. Cada día, unha responsabilidade.
Con esta actividade perseguimos os obxectivos de achegar os nenos e nenas á realidade de outros moitos nenos, nenas e adolescentes que non disfrutan dun fogar, facerlles entender qué nos brinda un fogar (cariño, seguridade, protección...) e por qué é un dereito, así como reflexionar sobre a responsabilidade dos gobernantes de facer cumplir este dereito e fomentar actitudes de solidariedade e colaboración no noso entorno máis próximo para defendelo.
jueves, noviembre 21
20-NOVEMBRO - DÍA DOS DEREITOS DA INFANCIA
Para destacar esta data importante temos esta preciosa canción sobre os dereitos humanos e da infancia que pertence á banda sonora da película de animación "El extraordinario viaje de Lucius Dumb" e que ven de "regalarnos" a profe Maribel para que todos poidamos cantala, ou, cando menos, coñecela.
Estade moi atentos á letra.
Estade moi atentos á letra.
"Mira dentro de ti...
...todos somos uno... en realidad.
Yo soy tú y tú eres yo."
viernes, enero 7
20-N DÍA DOS DEREITOS DA INFANCIA
O 20 de Novembro é un día para celebrar que todos os nenos e nenas teñen dereitos e tamén para recordar que moitos deles están lonxe de velos cumplidos. Carecen de auga, non teñen protección contra os abusos nin acceso á saúde e á educación.
Neste curso traballamos esta xornada con dúas actividades diferentes.
Neste curso traballamos esta xornada con dúas actividades diferentes.
En Infantil e no Primeiro Ciclo de Primaria subimos a "O tren dos dereitos" da ONG Entreculturas.
lunes, junio 7
DEREITOS DOS NENOS E DAS NENAS
O día 20 de Novembro é o día adicado a recordar que os dereitos da infancia non se están a respectar de maneira universal, contrariamente ao que debera suceder.
Naquela semana traballamos sobre este tema.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)