jueves, junio 24
domingo, junio 20
OBXECTIVOS DE DESENVOLVIMENTO DO MILENIO
O curso está a piques de rematar e non queda tempo para traballar sobre este tema. Deixámolo para mais adiante. Ainda así, contamos cunha exposición mural que foi amablemente cedida en préstamo polo CPI "Virxe da Cela" de Monfero (centro galardoado co I Premio Nacional de Educación para el Desarrollo "Vicente Ferrer").
domingo, junio 13
sábado, junio 12
MINI-EXPOSICIÓN
A celebración do Ano Santo 2010 supuxo adicarlle un tempo e un espacio nas nosas clases ao tema do xubileo, as peregrinacións xacobeas e o Apóstolo.
Non só fixemos traballo individual, senon que (como podedes ver no blogue xa fai tempo) foi o tema do noso mural "A Modiño". Pero, ademais, reservamos un recuncho da aula para facer unha pequena exposición, que procuraremos ir ampliando de maneira progresiva.
Non só fixemos traballo individual, senon que (como podedes ver no blogue xa fai tempo) foi o tema do noso mural "A Modiño". Pero, ademais, reservamos un recuncho da aula para facer unha pequena exposición, que procuraremos ir ampliando de maneira progresiva.
miércoles, junio 9
SEMANA DE ACCIÓN MUNDIAL POLA EDUCACIÓN
Dende 2001, durante a última semana de abril, a Campaña Mundial pola Educación organiza a SAME, na que se pretende chamar a atención dos representantes políticos, membros da comunidade educativa, medios de comunicación e sociedade en xeral, sobre a necesidade de facer real e efectivo o dereito a unha educación básica de calidade para Todos e Todas.
Este ano a Campaña ten como lema Un GOL pola Educación. Aquí está o video promocional español:
E aquí o video do noso cole:
martes, junio 8
PASCUA
Remataron as vacacións e toca voltar ao traballo.
Ollo! Agora a nosa cor é branca.
Os de 3º fixeron o noso mural.
Estamos na Pascua.
Aleluia! Aleluia!
CUARESMA
Anda o tempo sen parar.
Agora a nosa roda, que estaba verde, despois de ser branca, tornouse de novo morada.
Chegou a Cuaresma. É tempo de prepararse para a Pascua.
Nesta ocasión foron os nenos e nenas de 5º de Primaria os que se ocuparon de "facer a colada" para lembrarnos a todos que temos que renovarnos interiormente, ver aquelas cousas que debemos cambiar para chegar á Pascua sendo un pouco mellores que antes e estar ben dispostos para celebrar a Semana Santa que se aproxima.
8 DE MARZO
Esta actividade realizárona os alumnos e as alumnas maiores, os de 6º de Primaria.
O BO PASTOR
En Educación Infantil e no Primeiro Ciclo de Primaria desfrutamos coa parábola da ovella perdida.
Despois os rapaces de 2º fixeron un mural.
Despois os rapaces de 2º fixeron un mural.
NENOS E NENAS SOLDADOS
O día 12 de febreiro celébrase a Xornada contra a utilización de nenos e nenas como soldados.
É este un problema moi grave que está a destruir a infancia e, en moitos casos, a vida dun gran número de nenos e de nenas en moi diferentes lugares.
Desgraciadamente, sempre os mais débiles son os que sofren as mais terribles consecuencias das graves inxustizas que temos espalladas polo mundo.
É este un problema moi grave que está a destruir a infancia e, en moitos casos, a vida dun gran número de nenos e de nenas en moi diferentes lugares.
Desgraciadamente, sempre os mais débiles son os que sofren as mais terribles consecuencias das graves inxustizas que temos espalladas polo mundo.
"A MODIÑO"
"A modiño" naceu coa pretensión de se converter nunha actividade fixa a realizar en todos os cursos que quedan por vir. Trátase da realización dun gran mural feito paseniñamente, pouco a pouco, utilizando recortes quitados da prensa.
Neste curso o tema elixido (como non selo!) foi o Ano Santo.
DÍA DA PAZ
A piques de rematar o mes de xaneiro, concretamente o día 30, chegamos a data de celebrar a DENIP, que é o Día Escolar da Non Violencia e a Paz.
No cole fixéronse moitas e variadas actividades, nos diferentes cursos unhas, colectivamente outras.
Na clase de relixión traballamos tamén sobre a cultura da paz. E tamén colaboramos adornando os corredores con banderíns que levan debuxos e mensaxes de paz. Algúns coloreámolos para levar para á casa.
ARCA DE NOÉ
Despois do tema da Creación, os mais pequerrechos pasaron á historia do Diluvio, Noé, os animais, a pomba e o Arco da Vella.
XACOBEO 2010
Este ano que está a comezar é Ano Santo Compostelano. Non vai haber outro ata que pasen once anos. É, polo tanto, un ano moi especial.
Este acontecemento marcará de maneira significativa o noso traballo na clase de relixión durante o curso.
Este acontecemento marcará de maneira significativa o noso traballo na clase de relixión durante o curso.
NADAL
"Paz na terra aos homes de boa vontade"
Andando os días, achegouse o Nadal. Montamos un pequeno (moi pequeno) belén na nosa clase.
Fixemos tamén unha árbore de Nadal. Unha árbore diferente, sen bolas nin grilandas. Unha árbore solidaria para facermonos presente que nestas datas, mais que nunca, temos que pensar non en gastar, comprar e pedir, senon en compartir, pensar nos outros e vivir a alegría que o Nacemento trouxo ao mundo.
ADVENTO
A roda xira e xira. E xirando e xirando, cambia de cor.
De verde pasou a morada.
Así que, daquela...
PREPARAMOS
O NADAL
De verde pasou a morada.
Así que, daquela...
PREPARAMOS
O NADAL
A CREACIÓN
O Sol, os animais, as plantas, a auga... a Natureza enteira son un fermoso regalo que todos temos que coidar.
Os nenos e nenas de Infantil fixeron un bonito mural que adornou a clase durante boa parte do curso.
Os nenos e nenas de Infantil fixeron un bonito mural que adornou a clase durante boa parte do curso.
lunes, junio 7
DEREITOS DOS NENOS E DAS NENAS
O día 20 de Novembro é o día adicado a recordar que os dereitos da infancia non se están a respectar de maneira universal, contrariamente ao que debera suceder.
Naquela semana traballamos sobre este tema.
A BIBLIA
Alá polo principio de curso o primeiro que fixemos foi traballar sobre a Biblia,
o libro mais importante para os cristiáns.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)