Mostrando entradas con la etiqueta Noé. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Noé. Mostrar todas las entradas

sábado, junio 29

PDI: Animais en perigo de extinción


  O tema elixido polo alumnado para o PDI proposto pola biblioteca  foi o mundo natural, concretamente sobre os animais que se atopan en situación de extrema vulnerabilidade como especie: os animais en perigo de extinción.
   Na clase de relixión traballamos no proxecto baixo o título:
"Nós tamén queremos salvar aos animais"

Traballamos a partir dos relatos bíblicos do libro da Xénese, para alcanzar os seguintes obxectivos:

o Recoñecer a Biblia como libro sagrado para os cristiáns.

o Coñecer os mitos da Creación do libro da Xénese: os dous relatos da Creación, a historia de Adán e Eva e o Xardín do Edén, a expulsión do Paraíso e o relato do Diluvio Universal.

o Entender que estes relatos ensinan que as persoas non somos "propietarias" da natureza, que o universo é un todo estreitamente relacionado e que é necesario preservar o equilibrio que o sostén: debemos protexer o mundo natural.




sábado, febrero 4

HISTORIAS E PESONAXES DO ANTIGO TESTAMENTO

   No CEIP. Plurilingüe Os Casais, en 2º de Primaria remataron o traballo sobre algunhas das historias e personaxes do Antigo Testamento.
   Temos decorada a clase de relixión con parte dos traballos que ilustraron esta etapa do curso, que agora dará paso a outro proxecto diferente.

 

lunes, noviembre 7

A HISTORIA DA ARCA DE NOÉ

           Seguimos coas historias bíblicas e co traballo d@s nos@s artist@s.
                     Nesta ocasión tocoulle ao Diluvio Universal. 

viernes, noviembre 8

NOÉ

   Noé está moi contento, porque cada vez ten máis animais para subir á súa arca.

 
Moitas grazas, Héctor, por donar todos estes animais para arodamulticolor.
Os teus compañeiros (especialmente os máis pequenos) agradecen enormemente o teu xeneroso xesto.


miércoles, enero 11

NOÉ

Fixemos unhas bonitas Arcas de Noé.
 Quedaron chulas, vai que si?



sábado, marzo 26

O DILUVIO UNIVERSAL


Escoitastes a Noé? Non sei como se enterou, pero si que é certo que estivemos a traballar sobre a súa historia. Ata construimos unha arca!

martes, junio 8

ARCA DE NOÉ


  Despois do tema da Creación, os mais pequerrechos pasaron á historia do Diluvio, Noé, os animais, a pomba e o Arco da Vella.