sábado, junio 29

PDI: Animais en perigo de extinción


  O tema elixido polo alumnado para o PDI proposto pola biblioteca  foi o mundo natural, concretamente sobre os animais que se atopan en situación de extrema vulnerabilidade como especie: os animais en perigo de extinción.
   Na clase de relixión traballamos no proxecto baixo o título:
"Nós tamén queremos salvar aos animais"

Traballamos a partir dos relatos bíblicos do libro da Xénese, para alcanzar os seguintes obxectivos:

o Recoñecer a Biblia como libro sagrado para os cristiáns.

o Coñecer os mitos da Creación do libro da Xénese: os dous relatos da Creación, a historia de Adán e Eva e o Xardín do Edén, a expulsión do Paraíso e o relato do Diluvio Universal.

o Entender que estes relatos ensinan que as persoas non somos "propietarias" da natureza, que o universo é un todo estreitamente relacionado e que é necesario preservar o equilibrio que o sostén: debemos protexer o mundo natural.




Somos quen

Non esquezades que somos unha parte importantísima do Proxecto Somos quen. Un proxecto de premio (Premio Proxecta 2017-18). Entre outras cousas, somos nós os que levamos o blog, ou non?

A NOSA PLANTA

  E, xa que na entrada anterior falamos do medio ambiente, non podemos deixar de lembrar que este curso tamén plantamos unha alegría para levar para a casa.
   Acumulamos retraso e foi ben a última hora, pero contamos que, con tanto como as van coidar, á volta do verán estarán todas preciosas.


SAME

Participamos na Semana de Acción Mundial pola Educación.
Este ano estivo enfocada no cambio climático e na importancia de coidar o medio ambiente.
A Creación é un regalo; pero non é nosa. Non podemos destruila.


A que quedou chulo o noso mural?

En Andrade tamén fixemos; non vaiades pensar que non.



SEMANA SANTA

Cando se ía achegando a Semana Santa montamos a nosa procesión, con eses maravillosos pasos feitos polos nenos e nenas de Arodamulticolor.

20-N

Nunca, nunca, nos olvidamos de ter unha actividade especial neste día.
A mensaxe evanxélica ensínanos que todos e todas somos irmáns; temos que pensar no benestar de todos.

Calendario Litúrxico

Igual que sempre, traballamos moito o calendario litúrxico. Realizamos murais, tarxetas, pulseiras, calendarios, tivemos a nosa Vella Coresma...
Por algo somos Arodamulticolor, ou non?

A cadeira vermella

Continuamos tamén coas nosas cadeiras vermellas.


En Andrade os nenos e nenas de 4º diseñaron pegatinas que repartiron por todo o cole.


Nos Casais participa en cantas actividades facemos relacionadas co dereito á educación.


Coles Amigos

   Continuamos co proxecto en rede con outros colexios, destinado ao alumnado de 6º de Primaria. 
   Pertencemos a Coles Amigos:


CPI As Mirandas,  Ares
CPI Virxe da Cela, Monfero
CEIP Santiago Apóstolo , Franza
CEIP Os Casais, Maniños
CEIP Eladia Mariño, Cabanas
CEIP Unión Mugardesa, Mugardos
CEIP de Andrade, Pontedeume

No presente curso 2018-19 traballamos sobre os Relatos 
da Infancia. Fixémolo a través da arte.
  
ANDRADE
MANIÑOS


Picade no enlace para poder ver todo o traballo que, de xeito colaborativo, levamos feito nestes últimos cursos.

A ANUNCIACIÓN

No cole de Andrade os primeiros cursos de Primaria traballaron de maneira especial o relato da Anunciación durante o Advento.

DÍA DA PAZ


   Dende o ano 1964 o día 30 de xaneiro (aniversario da morte de Gandhi)é un día para recordar de maneira especial a importancia da cultura de paz.
ANDRADE
MANIÑOS
TODOS



  

DÍA INTERNACIONAL DA EDUCACIÓN


A educación é un dereito, un ben público e unha responsabilidade colectiva.
A Asemblea Xeral das Nacións Unidas proclamou o 24 de xaneiro como Día Internacional da Educación, para reivindicar o papel que a educación desempeña na paz e no desenvolvemnto.
Sen unha educación de calidade, inclusiva e mais equitativa para todos, que dea oportunidades de aprendizaxe durante toda a vida, os países non conseguirán alcanzar a igualdade de xénero  nin rachar o círculo da probreza que reixa rezagados a millóns de nenos, xoves e adultos.
   Por iso, non quixemos deixar pasar a celebración do día en que se celebrou por vez primeira.




Mascotas viaxeiras

Canto nos gusta compartir tempo na casa coas nosas mascotas, verdade?


Miniverso

  
  

   De novo viaxamos á Cidade Planeta, a capital do Miniverso.
   Esta campaña educativa da ONG Entreculturas leva anos aprendéndonos moitísimas cousas sobre interculturalidade, igualdade e participación cidadá.
   Pretendemos desenvolver nos nosos nenos e nenas o sentimento de pertenza á familia humana e ao mundo como comunidade global, favorenco así que asenten as bases para exercer unha cidadanía comprometida coa solidariedade e a xustiza.
   
   A plataforma fallou en varias ocasións; está bastante obsoleta. Non importa, nós continuamos viaxando polo espazo; sempre con Felpa, por suposto.

    

Nadal

   No Nadal celebramos o nacemento de Xesús. É un dos tempos fortes da liturxia católica.  Por iso dedicamos algún tempo das nosas clases a facer sinxelas manualidades para destacar estas importantes datas.
ANDRADE
MANIÑOS
   Tamén no Nadal lembramos ás persoas que teñen dificultades, especialmente con respecto ao acceso á educación.


O Reino de Deus

 O grupo de 4º de Primaria de Andrade, tan participativo, traballou sobre o Reino de Deus, ese reino que temos que construír entre todos aquí na terra. Isto tradúcese na defensa dos dereitos humanos, no rexeitamento de todo tipo de inxustiza, na educación na cultura da paz, no coidado do medio ambiente, na tolerancia, no respecto, na fraternidade...
  Aquí vos deixo un pequeno video coas fotos do proceso do seu mural. Pasárono moi ben.

Conectandomundos. Cando os dereitos se frustran.

   A nosa participación en Conectandomundos é xa un clásico da aula de relixión. Ano tras ano traballamos, con outros coles de diferentes lugares, sobre diferentes aspectos sociais.
Este curso centrámonos no dereito á educación e no dereito á saúde.

Os dous equipos aprenderon moito traballando en rede.


35 Concurso Escolar Once


Este curso tamén participamos no concurso da ONCE, tal como vimos facendo dende hai xa moitos anos.
Con este traballo pretendemos:

  • Achegar aos alumnos e alumnas á realidade das persoas con discapacidade.
  • Concienciar sobre a importancia da accesibiidade universal e o diseño para todos para evitar situacións de discriminación.
  • Concienciar sobre a importancia social do respecto á diversidade.
  • Desenvolver actitudes inclusivas.
  • Reivindicar a igualdade de oportunidades para todas as persoas.
  • Concibir os patios de reccreo como unha contorna de aprendizaxe, como recurso para crear sociedades mais inclusivas.


   Estes son os dous carteis que presentamos.
ANDRADE
MANIÑOS

As parábolas

As nenas e nenos de 5º traballaron sobre as parábolas de Xesús. Fixeron pequenos videos.


Gustoulles tanto, pasárono tan ben, que queren continuar e facer mais.