Mostrando entradas con la etiqueta Paz. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Paz. Mostrar todas las entradas

sábado, junio 29

DÍA DA PAZ


   Dende o ano 1964 o día 30 de xaneiro (aniversario da morte de Gandhi)é un día para recordar de maneira especial a importancia da cultura de paz.
ANDRADE
MANIÑOS
TODOS



  

Miniverso

  
  

   De novo viaxamos á Cidade Planeta, a capital do Miniverso.
   Esta campaña educativa da ONG Entreculturas leva anos aprendéndonos moitísimas cousas sobre interculturalidade, igualdade e participación cidadá.
   Pretendemos desenvolver nos nosos nenos e nenas o sentimento de pertenza á familia humana e ao mundo como comunidade global, favorenco así que asenten as bases para exercer unha cidadanía comprometida coa solidariedade e a xustiza.
   
   A plataforma fallou en varias ocasións; está bastante obsoleta. Non importa, nós continuamos viaxando polo espazo; sempre con Felpa, por suposto.

    

sábado, febrero 4

A PAZ EN ANDRADE

   O alumnado de relixión de 2º, 3º e 4º de Primaria do CEIP. Plurilingüe de Andrade elaborou uns murais cooperativos para conmemorar o Día Escolar pola Non-violencia e a Paz.
   As letras que fixeron en 2º pasaron a formar parte do gran mural do cole. Por iso posan tan contentos xunto a Pau e Zeltia, os seus compañeros de valores, que tamén colaboraron. 
 

sábado, enero 23

DÍA DA PAZ

Dentro de nada celebraremos a DENIP. Así que fixemos, entre todos, un fermoso mural para decorar a entrada do cole.

sábado, febrero 14

30-XANEIRO

   Mentras teñamos que falar do "cuarto mundo", das nenas e dos nenos que non teñen a oportunidade de ir á escola, das persoas que morren de fame, daquelas ás que se lles negan os medicamentos que as poden curar, das mulleres maltratadas, das abismais desigualdades sociais, dos conflitos armados, da esclavitude... non haberá PAZ.
   Por iso é tan importante celebrar esta xornada nos centros educativos.
A EDUCACIÓN É UN VALOR TRANSFORMADOR
A EDUCACIÓN CAMBIA O MUNDO

domingo, octubre 12

NOBEL DA PAZ - 2014

   O prestixioso premio Nobel da Paz foi concedido este ano a Malala e Kailash Satyarthi.
   O Comité do Nobel recoñece a estes activistas, paquistaní a primeira, indio o segundo, pola súa loita en favor da educación infantil.
   Kailash Satyarthi, con gran valentía personal, e seguindo a tradición de Gandhi, lidera protestas e manifestacións pacíficas para denunciar a explotación infantil e fomenta o desenvolvemento de convencións internacionais en favor dos dereitos dos nenos.
   Malala Yousatzay, a pesares dos seus 17 anos, leva anos loitando, en circunstancias perigosísimas, polo dereito das nenas a recibir educación. É unha mostra de que os nenos e nenas tamén poden contribuir a mellorar a súa propia situación e hai que darlles voz.
   Son unha musulmana e un hindú; a concesión conxunta do premio aposta por rexeitar os extremismos relixiosos e os enfrentamentos violentos. Aposta por aunar esforzos polo dereito á educación. 

domingo, febrero 2

DÍA DA PAZ

Vimos de celebrar un pequeno acto como conmemoración do Día Escolar da Non violencia e a Paz.


Resultou todo moi bonito. Puxemos as pegatinas da Paz, cada clase preparou o seu Planeta da Paz, que ahora decoran a entrada, algúns nenos e nenas recitaron poemas, os maiores leron un manifesto e, todos xuntos, cantamos a canción que Diana, a nosa profe de música, ensaiou (con coreografía incluída).  

viernes, diciembre 6

MANDELA

No día de hoxe despedimos a Nelson Mandela. A súa vida foi longa e intensa. Vaise un referente da loita polos dereitos das persoas, pola igualdade e pola paz.


sábado, febrero 2

30 DE XANEIRO
 DIA ESCOLAR DA NON-VIOLENCIA E A PAZ

Un ano máis celebramos o Día de Paz para lembrar que temos que construila xuntos, porque de nós depende.

jueves, febrero 3

A PAZ QUE SAE DO CORAZÓN

   Que preciosa xornada tivemos este ano para celebrar
o Día da Paz!
   Os vosos poemas e cancións, a participación das familias, os diferentes murais feitos nas clases e eses bonecos que representan a cada un cun corazón cheo de paz para ofrecer ao mundo... foron un maravilloso xesto de mostrar que a paz depende de todos e cada un de nós.
   A paz ten que sair do corazón. Se ninguén tivese odio, nin violencia, intolerancia ou calqueira outro xeito de maldade... se ninguén se pensara superior ou con mais dereitos que os seus semellantes... se fósemos todos capaces de sentirnos irmáns de verdade... entón, como nos recordaron as nais no Salón de Actos, os nenos de colores (de pequenos e de grandes) teríamos acadada a paz perfecta, a paz que aniña no corazón.  

martes, junio 8

DÍA DA PAZ


   A piques de rematar o mes de xaneiro, concretamente o día 30, chegamos a data de celebrar a DENIP, que é o Día Escolar da Non Violencia e a Paz.
  No cole fixéronse moitas e variadas actividades, nos diferentes cursos unhas, colectivamente outras.
  Na clase de relixión traballamos tamén sobre a cultura da paz. E tamén colaboramos adornando os corredores con banderíns que levan debuxos e mensaxes de paz. Algúns coloreámolos para levar para á casa.