sábado, febrero 4

A PAZ EN ANDRADE

   O alumnado de relixión de 2º, 3º e 4º de Primaria do CEIP. Plurilingüe de Andrade elaborou uns murais cooperativos para conmemorar o Día Escolar pola Non-violencia e a Paz.
   As letras que fixeron en 2º pasaron a formar parte do gran mural do cole. Por iso posan tan contentos xunto a Pau e Zeltia, os seus compañeros de valores, que tamén colaboraron. 
 

HISTORIAS E PESONAXES DO ANTIGO TESTAMENTO

   No CEIP. Plurilingüe Os Casais, en 2º de Primaria remataron o traballo sobre algunhas das historias e personaxes do Antigo Testamento.
   Temos decorada a clase de relixión con parte dos traballos que ilustraron esta etapa do curso, que agora dará paso a outro proxecto diferente.

 

miércoles, enero 25

33 CONCURSO ESCOLAR ONCE

   Este ano o tema que traballamos no concurso da ONCE foi o Bullying, o acoso escolar. Rexeitamos profundamente este tipo de condutas, desgraciadamente cada vez máis frecuentes. Non as queremos no noso cole. De nós depende que así sexa.
   Estes foron os carteis presentados a concurso.




sábado, enero 14

MOISÉS

   Que vos parece o mural de 2º de Primaria sobre a figura de Moisés?

lunes, enero 9

REIS MAGOS

Os Sabios de Oriente son tan xenerosos que pasan sempre polo noso cole, a pesares de saberen que nós estamos de vacacións.
Este Nadal deixáronnos árbores. Árbores para xogar e árbores para traballar.
Saberán algo que nós non sabemos? 

viernes, diciembre 23

NADAL 2016

 O noso belén quedou ben bonito. Coma sempre! E que non hai como o traballo cooperativo!
 E a nosa composición navideña, que sempre facemos todos os cursos en común, tamén. Non?

Estas son algunhas das nosas manualidades.
Estas son as tarxetas que fixeron en Infantil.
 
E además, como en anos anteriores, sumámonos á proposta de Entreculturas para lembrar que tamén no Nadal, ou máis especialmente no Nadal, temos que mirar máis aló de nós mesmos e ver a realidade do mundo.

jueves, diciembre 22

ALIANZA E ÉXODO

   Tod@s foron un pouco Moisés cando estudamos a súa historia.

martes, diciembre 20

ABRAHAM, PAI DOS CRENTES

En 2º de Primaria fixeron unhas postais de Abraham. Puxéronlle estrelas, para lembrar a promesa de Deus.

domingo, noviembre 27

CONSTRUIR O REINO DE DEUS

   O alumnado de 4º de Primaria de Andrade fixo un bonito mural cooperativo con aqueles valores cos que, entre tod@s, poderemos construir o Reino de Deus.
 

lunes, noviembre 7

A HISTORIA DA ARCA DE NOÉ

           Seguimos coas historias bíblicas e co traballo d@s nos@s artist@s.
                     Nesta ocasión tocoulle ao Diluvio Universal.