Tal como vimos facendo dende hai anos, participamos na actividade telemática Conectandomundos. Na presente edición o eixo central do traballo foi a cultura de paz.
Temos tamén o primeiro video da Campaña Mundial pola Educación deste ano. Este traballo foi realizado de maneira conxunta nas clases de Relixión e Valores.
Ben vedes que este ano case que non asomo por aquí. Certo. Mil causas impiden que poida facelo, pero nesta ocasión non podo deixar de compartir a alegría de ver que xa temos Cadeira Vermella tamén en Andrade.
En Andrade foron as alumnas e alumnos de 5º de Primaria os que participaron na presente edición de Conectandomundos.
Como traballo final animáronse cun rap. Queredes velo? Seguro que a todos os compañeiros do seu grupo encántalles, e da igual que sexan cataláns, italiáns ou portuxeses. E a vós? Se é que son fantástic@s!!!