No cole de Andrade os primeiros cursos de Primaria traballaron de maneira especial o relato da Anunciación durante o Advento.
sábado, junio 29
DÍA DA PAZ
Dende o ano 1964 o día 30 de xaneiro (aniversario da morte de Gandhi)é un día para recordar de maneira especial a importancia da cultura de paz.
ANDRADE
MANIÑOS
TODOS
DÍA INTERNACIONAL DA EDUCACIÓN
A educación é un dereito, un ben público e unha responsabilidade colectiva.
A Asemblea Xeral das Nacións Unidas proclamou o 24 de xaneiro como Día Internacional da Educación, para reivindicar o papel que a educación desempeña na paz e no desenvolvemnto.
Sen unha educación de calidade, inclusiva e mais equitativa para todos, que dea oportunidades de aprendizaxe durante toda a vida, os países non conseguirán alcanzar a igualdade de xénero nin rachar o círculo da probreza que reixa rezagados a millóns de nenos, xoves e adultos.
Por iso, non quixemos deixar pasar a celebración do día en que se celebrou por vez primeira.
Miniverso
De novo viaxamos á Cidade Planeta, a capital do Miniverso.
Esta campaña educativa da ONG Entreculturas leva anos aprendéndonos moitísimas cousas sobre interculturalidade, igualdade e participación cidadá.
Pretendemos desenvolver nos nosos nenos e nenas o sentimento de pertenza á familia humana e ao mundo como comunidade global, favorenco así que asenten as bases para exercer unha cidadanía comprometida coa solidariedade e a xustiza.
A plataforma fallou en varias ocasións; está bastante obsoleta. Non importa, nós continuamos viaxando polo espazo; sempre con Felpa, por suposto.
Etiquetas:
Dereitos da Infancia,
Interculturalidade,
ONG,
Paz
Nadal
No Nadal
celebramos o nacemento de Xesús. É un dos tempos fortes da liturxia
católica. Por iso dedicamos algún tempo
das nosas clases a facer sinxelas manualidades para destacar estas importantes
datas.
ANDRADE
MANIÑOS
Tamén no Nadal lembramos ás persoas que teñen dificultades, especialmente con respecto ao acceso á educación.
O Reino de Deus
O grupo de 4º de Primaria de Andrade, tan participativo, traballou sobre o
Reino de Deus, ese reino que temos que construír entre todos aquí na terra.
Isto tradúcese na defensa dos dereitos humanos, no rexeitamento de todo tipo de
inxustiza, na educación na cultura da paz, no coidado do medio ambiente, na
tolerancia, no respecto, na fraternidade...
Aquí vos deixo un pequeno video coas fotos do proceso do seu mural. Pasárono moi ben.
Aquí vos deixo un pequeno video coas fotos do proceso do seu mural. Pasárono moi ben.
Conectandomundos. Cando os dereitos se frustran.
A nosa participación en Conectandomundos é xa un clásico da aula de relixión. Ano tras ano traballamos, con outros coles de diferentes lugares, sobre diferentes aspectos sociais.
Este curso centrámonos no dereito á educación e no dereito á saúde.
Os dous equipos aprenderon moito traballando en rede.
35 Concurso Escolar Once
Este curso tamén participamos no concurso da ONCE, tal como vimos facendo dende hai xa moitos anos.
Con este traballo pretendemos:
- Achegar aos alumnos e alumnas á realidade das persoas con discapacidade.
- Concienciar sobre a importancia da accesibiidade universal e o diseño para todos para evitar situacións de discriminación.
- Concienciar sobre a importancia social do respecto á diversidade.
- Desenvolver actitudes inclusivas.
- Reivindicar a igualdade de oportunidades para todas as persoas.
- Concibir os patios de reccreo como unha contorna de aprendizaxe, como recurso para crear sociedades mais inclusivas.
ANDRADE
MANIÑOS
As parábolas
As nenas e nenos de 5º traballaron sobre as parábolas de Xesús. Fixeron pequenos videos.
Gustoulles tanto, pasárono tan ben, que queren continuar e facer mais.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)


















