viernes, abril 15

PROXECTO: AS ONG.

   Boa parte deste trimestre os alumnos e alumnas de 6º de Primaria andivemos a facer un proxecto sobre as ONG.

   Estivemos investigando cal é o obxectivo principal dalgunhas delas, dende cando existen, en que campo específico centran a súa actividade, onde traballan, cal son as súas características máis salientables, etc.
   Para elixir aquelas que íamos utilizar de exemplo buscamos recortes de prensa e tamén fixemos un listado con aquelas que obtivemos facendo unha recollida de información entre os profes. Éste é o material co que estamos elaborando o "Amodiño" deste curso.

 Así anda polo de agora. Seguiremos traballando nel ata fin de curso.