sábado, abril 16

SEMANA SANTA

   Estamos ás portas da Semana Santa. Nesta Cuaresma do 2011 preparámola facendo unha procesión. Elaboramos algúns dos pasos máis representativos dos importantes acontecementos que conmemoramos. Participamos todos os cursos e cada un fixo a súa propia confraría, na que puxemos moito entusiasmo e cariño.