martes, junio 8

CUARESMA

  


   Anda o tempo sen parar.
  Agora a nosa roda, que estaba verde, despois de ser branca, tornouse de novo morada.
  Chegou a Cuaresma. É tempo de prepararse para a Pascua.




   Nesta ocasión foron os nenos e nenas de 5º de Primaria os que se ocuparon de "facer a colada" para lembrarnos a todos que temos que renovarnos interiormente, ver aquelas cousas que debemos cambiar para chegar á Pascua sendo un pouco mellores que antes e estar ben dispostos para celebrar a Semana Santa que se aproxima.