viernes, abril 15

SAME 2011

No ano no que o Día Internacional da Muller conmemora o seu 100 aniversario, a Campaña Mundial pola Educación ten como tema central a educación das mulleres e das nenas.
O acceso a unha educación de calidade para homes e mulleres debería estar garantido. Non obstante, a realidade mundial mostra que as mulleres seguen sendo discriminadas no exercicio do
DEREITO Á EDUCACIÓN.
 
A Grande Historia é a acción que propón a SAME neste 2011 para que entre toda a sociedade, alumnos e alumnas, docentes, clase política e outros axentes, nos mobilicemos e reflexionemos sobre esta inxusta situación.
(Podedes ver os traballos realizados no enlace da páxina da CME que aparece no listado da dereita)
E aquí vos deixo dúas fotos dos murais que fixemos no cole cos traballos que realizaron os rapaces e rapazas de 5º e 6º.