6º curso estivo a traballar no segundo trimestre que acabamos de pasar na actividade interactiva, proposta por Intermón-Oxfam, Conectandomundos. Na edición deste ano o tema foi a alimentación. Reflexionamos sobre o noso consumo alimentario, sobre a producción e o transporte dos productos, sobre as desigualdades e situacións de inxusticia que se están a dar neste ámbito, básico sen dúbida algunha, e sobre o que podemos facer nós para mudar o que non nos parece correcto.
Foi unha actividade longa, pero de proveito. Gustou moito o traballo en rede e compartir as experiencias e reflexións con outros rapaces e rapazas de diferentes lugares. No noso grupo había portugueses e italianos!