Ao principio, Deus creou o ceo e a terra; despois, as plantas e os animais. Por último, creou o home e a muller. E bendeciunos, dicindo: "Vivide felices, comede os froitos das árbores e poboade a terra. Todo o que creei é para vós. Agora vou descansar".
Todo é noso e para nós, pero en préstamo. Somos co-creadores. A Natureza non nos pertence máis que como responsabilidade: podemos usala, pero atendendo sempre ao interés maior de conservala.