lunes, febrero 10

ONCE


Os alumnos e alumnas do terceiro ciclo de Primaria estamos a traballar para participar no 30 Concurso Escolar da ONCE. Nesta ocasión invítasenos a reflexionar sobre a ilusión. Sen ela, a ONCE non tería conseguido nada, porque foi precisamente a ilusión a que a moveu dende a súa orixe en 1938 ata a actualidade: a ilusión de romper as barreiras da discriminación para conseguir a inclusión social das persoas con minusvalías.
A ilusión é un motor que nos empurra a superarnos, a perseguir as nosas metas, proxectos e soños. É a compañeira que nos axuda a camiñar cara ao horizonte con esperanza e alegría. Por iso, e porque o mellor da ilusión é que pode espallarse a outras persoas, imos reivindicar, xunto coa ONCE, un Día da Ilusión.