O prestixioso premio Nobel da Paz foi concedido este ano a Malala e Kailash Satyarthi.
O Comité do Nobel recoñece a estes activistas, paquistaní a primeira, indio o segundo, pola súa loita en favor da educación infantil.
Kailash Satyarthi, con gran valentía personal, e seguindo a tradición de Gandhi, lidera protestas e manifestacións pacíficas para denunciar a explotación infantil e fomenta o desenvolvemento de convencións internacionais en favor dos dereitos dos nenos.
Malala Yousatzay, a pesares dos seus 17 anos, leva anos loitando, en circunstancias perigosísimas, polo dereito das nenas a recibir educación. É unha mostra de que os nenos e nenas tamén poden contribuir a mellorar a súa propia situación e hai que darlles voz.
Son unha musulmana e un hindú; a concesión conxunta do premio aposta por rexeitar os extremismos relixiosos e os enfrentamentos violentos. Aposta por aunar esforzos polo dereito á educación.