sábado, junio 29

PDI: Animais en perigo de extinción


  O tema elixido polo alumnado para o PDI proposto pola biblioteca  foi o mundo natural, concretamente sobre os animais que se atopan en situación de extrema vulnerabilidade como especie: os animais en perigo de extinción.
   Na clase de relixión traballamos no proxecto baixo o título:
"Nós tamén queremos salvar aos animais"

Traballamos a partir dos relatos bíblicos do libro da Xénese, para alcanzar os seguintes obxectivos:

o Recoñecer a Biblia como libro sagrado para os cristiáns.

o Coñecer os mitos da Creación do libro da Xénese: os dous relatos da Creación, a historia de Adán e Eva e o Xardín do Edén, a expulsión do Paraíso e o relato do Diluvio Universal.

o Entender que estes relatos ensinan que as persoas non somos "propietarias" da natureza, que o universo é un todo estreitamente relacionado e que é necesario preservar o equilibrio que o sostén: debemos protexer o mundo natural.