E, coma sempre, as nosas mascotas non deixan de coidar ao Neno Xesús cando van á casa da profe a pasar as vacacións.
Neste curso 2019-20, nos Casais, os nenos e as nenas, convertíronse en pastores para formar o belén.
En Andrade toda a decoración navideña foi sen "brilli, brilli". Seguro que o Capitán Verdemán quedou ben contento. Hai que reciclar, o medio ambiente depende de nós.
Antes de que nos déramos de conta, coma quen di nun santiamén, chegou o Advento.
Os Teletubbies xa teñen lista a bandeira da inclusión para presentar ao Concurso Escolar ONCE.
Ahhhh! Non sabedes quen son os Teletubbies!
Pois preséntovolos:
Simpáticos, verdade? Sonche así... un amor!
Levamos feitas moitas cousas dende que empezou o curso, tanto en Maniños como en Andrade; pero temos pouco tempo para poder contalas.
Hoxe empezamos por este pequeno video da clase de 3º de Andrade.
En Maniños continuamos co noso proxecto solidario Somosquen. Nesta foto podedes ver a Helena ocupándose de facer as entradas do blog.
Sempre o facemos, pero este curso estamos prestando unha atención especial ao coidado do planeta. Somos un cole verde, lembrades?
Compartindomomentos bríndanos unha estupenda oportunidade para seren solidarios e de aprender dos nosos maiores.
Continuamos tamén en contacto cos outros coles da rede Colesamigos.
Este é o grupo de 6º de Andrade que participa.
Somos responsables da Creación.
Damos as grazas a Asociación Betula que cada ano apréndenos cousas importantes sobre a importancia que teñen as nosas accións sobre a natureza.
E lévannos a limpar o río de Vaa!
Como este curso estamos mirando de maneira especial cara ao entorno natural, tamén o Día dos Dereitos da Infancia foi dedicado a este tema.
Apuntámonos a moitas campañas solidarias.
O proxecto de reli deste curso 2019-20 leva por título Gústame. É un proxecto sobre a diversidade e a igualdade.
No CEIP Plurilingüe Os Casais de Maniños implantamos o proxecto Cole Verde. O noso reto é Recreos Residuos 0.
Temos preparado o contenedor que vai medir os nosos progresos.
Conseguirémolo?
Isto chámase empezar con bo pé.
Non podemos estar máis contentos e orgullosos da nosa alumna Icía, quen gañou un premio polo seu traballo do curso pasado no Concursos Bíblico Escolar.
E conseguiu tamén outro exemplar do Novo Testamento para o cole.
Grazas, Icía!
Parabens!!!