Ola! Que tal? Vai todo ben?
1) Como estamos na Pascua (lembrades?), para @s "manitas" propoño facer ovos.
2) Unha sopa de vocabulario, para repasar.
3) Coma sempre, uns crebacabezas, que sei que vos gustan. Sabedes quen son?
4) Seguides sendo observador@s? Pois a ver se vedes rapidamente as 5 diferenzas que hai entre estes dous debuxos que parecen iguais. Fácil, verdade?
E, para acabar, reitero que tedes moitas máis actividades e fichas de traballo nas pestanas superiores.
#Euquedonacasa
Xunt@s conseguirémolo!
Bicos!!!