sábado, marzo 30

POR UN MUNDO MÁIS XUSTO

   6º curso estivo a traballar no segundo trimestre que acabamos de pasar na actividade interactiva, proposta por Intermón-Oxfam, Conectandomundos. Na edición deste ano o tema foi a alimentación. Reflexionamos sobre o noso consumo alimentario, sobre a producción e o transporte dos productos, sobre as desigualdades e situacións de inxusticia que se están a dar neste ámbito, básico sen dúbida algunha, e sobre o que podemos facer nós para mudar o que non nos parece correcto.
   Foi unha actividade longa, pero de proveito. Gustou moito o traballo en rede e compartir as experiencias e reflexións con outros rapaces e rapazas de diferentes lugares. No noso grupo había portugueses e italianos!

 
 

miércoles, marzo 27

29 Concurso ONCE

   Durante o 2º trimestre os alumnos e alumnas de 4º e 5º participaron no Concurso ONCE, que promove o coñecemento xeral das situacións de discapacidade e a responsabilidade que todos temos en conseguir a inclusión das persoas con discapacidade en todos os eidos da vida, facendo partícipes aos nenos e as nenas da súa capacidade para transformar e mellorar a nosa sociedade.


A actividade proposta para esta edición foi a realización dun pequeno video. Aquí deixo os presentados polos nosos alumnos e alumnas.
 
 

martes, marzo 26

domingo, marzo 24

Os nenos e nenas de 2º de Primaria fixeron unhas casulas de Coresma. A que están chulas?

miércoles, marzo 13

HABEMUS PAPAM


lunes, marzo 4

CORESMA 2013

Seguimos no tempo de Coresma, preparando a Semana Santa, que cada vez está máis próxima. Na  clase temos xa colocada a nosa procesión. Queredes vela?

 Cal é o paso que estreamos este ano?