martes, septiembre 10
sábado, junio 29
PDI: Animais en perigo de extinción
O tema elixido polo alumnado para o PDI
proposto pola biblioteca foi o mundo
natural, concretamente sobre os animais que se atopan en situación de extrema
vulnerabilidade como especie: os animais en perigo de extinción.
Na clase de relixión traballamos no proxecto baixo o título:
"Nós tamén queremos salvar aos animais"
Traballamos a partir dos relatos
bíblicos do libro da Xénese, para alcanzar os seguintes obxectivos:
o Recoñecer a Biblia como libro sagrado para os cristiáns.
o Coñecer os mitos da Creación do libro da Xénese: os dous relatos da Creación, a historia de Adán e Eva e o Xardín do Edén, a expulsión do Paraíso e o relato do Diluvio Universal.
o Entender que estes relatos ensinan que as persoas non somos "propietarias" da natureza, que o universo é un todo estreitamente relacionado e que é necesario preservar o equilibrio que o sostén: debemos protexer o mundo natural.
Etiquetas:
Creación,
manualidades,
murais,
Noé,
Proxecto da Biblioteca
Somos quen
Non esquezades que somos unha parte importantísima do Proxecto Somos quen. Un proxecto de premio (Premio Proxecta 2017-18). Entre outras cousas, somos nós os que levamos o blog, ou non?
A NOSA PLANTA
E, xa que na entrada anterior falamos do medio ambiente, non podemos deixar de lembrar que este curso tamén plantamos unha alegría para levar para a casa.
Acumulamos retraso e foi ben a última hora, pero contamos que, con tanto como as van coidar, á volta do verán estarán todas preciosas.
SAME
Participamos na Semana de Acción Mundial pola Educación.
Este ano estivo enfocada no cambio climático e na importancia de coidar o medio ambiente.
A Creación é un regalo; pero non é nosa. Non podemos destruila.
A que quedou chulo o noso mural?
En Andrade tamén fixemos; non vaiades pensar que non.
Etiquetas:
Cadeira Vermella,
Dereitos da Infancia,
manualidades,
murais,
ODS,
SAME
SEMANA SANTA
Cando se ía achegando a Semana Santa montamos a nosa procesión, con eses maravillosos pasos feitos polos nenos e nenas de Arodamulticolor.
Etiquetas:
Calendario Litúrxico,
manualidades,
Semana Santa
20-N
Nunca, nunca, nos olvidamos de ter unha actividade especial neste día.
A mensaxe evanxélica ensínanos que todos e todas somos irmáns; temos que pensar no benestar de todos.
Calendario Litúrxico
Igual que sempre, traballamos moito o calendario litúrxico. Realizamos murais, tarxetas, pulseiras, calendarios, tivemos a nosa Vella Coresma...
Por algo somos Arodamulticolor, ou non?
Etiquetas:
Advento,
Calendario Litúrxico,
Coresma,
Nadal,
Pascua,
Pentecoste,
Semana Santa,
Tempo ordinario
A cadeira vermella
Continuamos tamén coas nosas cadeiras vermellas.
En Andrade os nenos e nenas de 4º diseñaron pegatinas que repartiron por todo o cole.
Nos Casais participa en cantas actividades facemos relacionadas co dereito á educación.
Etiquetas:
Cadeira Vermella,
Dereitos da Infancia,
DSI,
ONG,
SAME
Coles Amigos
Continuamos co proxecto en rede con outros colexios, destinado ao alumnado de 6º de Primaria.
Pertencemos a Coles Amigos:
No presente curso 2018-19 traballamos sobre os Relatos
da Infancia. Fixémolo a través da arte.
Pertencemos a Coles Amigos:
CPI As
Mirandas, Ares
CPI Virxe
da Cela, Monfero
CEIP
Santiago Apóstolo , Franza
CEIP Os
Casais, Maniños
CEIP Eladia
Mariño, Cabanas
CEIP Unión
Mugardesa, Mugardos
CEIP de
Andrade, Pontedeume
ANDRADE
MANIÑOS
Picade no enlace para poder ver todo o traballo que, de xeito colaborativo, levamos feito nestes últimos cursos.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
















