O tema do noso mural "Amodiño" deste curso estivo relacionado coa Doutrina Social da Igrexa, que é o corpus doutrinal do Maxisterio que reflicte a súa postura moral sobre a sociedade, a política e a economía. Toca temas tales como a paz, o desenvolvemento, a familia, o traballo, os dereitos humanos...
OBXECTIVOS:
- Comprender o que a Palabra ten que decir ao mundo de hoxe.
- Valorar a realidade confrontándoa coa mensaxe evanxélica.
- Entender que o Evanxeo contribúe á humanización do ser humano, que significa un avance na construcción dun mundo mellor, que axuda a acadar maiores cotas de xustiza social, de fraternidade e igualdade.
- Aprender a ler a prensa.